jueves, 16 de mayo de 2013

Intensa actividade nas sociedades de Fene ao redor do Día das Letras Galegas



Programa de actos a celebrar nas Letras Galegas do 2013, conferencias, música, teatro, contacontos e ata unha homenaxe, son algunhas das propostas coas que as sociedades do concello de Fene conmemorarán nos próximos días o Día das Letras Galegas, dicadas este ano a Roberto Vidal Bolaño.

Favorecer o coñecemento do autor homenaxeado este ano o 17 de maio xunto coas tres efemérides que se xuntan neste 2013 (o 150 aniversario da publicación de Cantares Gallegos, o 50º do Día das Letras e o centenario do nacemento dun dos seus promotores, don Francisco Fernández del Riego) son algúns dos obxectivos do ciclo Maio Mes das Letras que, por primeira vez, desenvolven o Concello e as sociedades do termo municipal.
Aquí deixamos a programación:

A. VV. De Limodre

Venres, 24 de maio:
Ás 20:00 horas, apertura dos actos a cargo de Henrique Sanfiz Raposo e continuación lectura de poemas de Rosalía a cargo de María José García Ponte.
Logo as actuacións siguientes:
-O raparigo Serafín Santamariña Sanmartín que deleitara a os presentes con a gaita e acordeón.
-Canción galega a cargo do raparigo Julián Rico Saavedra.
-Actuación do monologuista Pedro Brandariz.
-Actuación do coro xuvenil da S.C.R.D.  Agarimo de Sillobre.


A. VV. De Magalofes

Sábado, 18 de maio:
A  partir das 21:00 horas, está prevista unha actuación das rondallas Os Trovadores de Ares e Estrelecer do CMI Unidade de Fene.

Domingo, 19:
Ás 22:00 horas celebrarase a clausura do ciclo do Día das Letras Galegas coa apertura dunha exposición da escola de manualidades e outras actividades culturais.

Venres, 31:
Ás 20:00 horas, actuación do grupo de teatro Oquetiqueiras coa obra "Raiñas"

C.C.R.D. de Perlío

Xoves, 23 de maio:
Ás 20:00 horas teatro a cargo do grupo Teatro do Esteleiro que representará a obra OÉ, OÉ, OÉ.


C.M.I. Unidade de Fene

Venres, 17de maio:
 Ás 20:00 horas misa na igrexa parroquial de Fene por todos os socios falecidos.
 Ás 21:00 horas conferencia a cargo da profesora de Literatura Galega da Universidade de Santiago de Compostela, "Dolores Vilavedra", a continuación actuación da rondalla "Estrelecer", e pa rematar estas xornadas das Letras Galegas servirase unha farturenta queimada acompañada de proia para todos os asistentes.
A entrada a estos actos e de carácter libre.


C.P.S.  de  San Valentín

Venres, 17 de maio:
No local da sociedade do C.P.S. de San Valentín, tendra lugar  a partir das 18:00 horas, unha homenaxe a José Luís Serantes, socio fundador e primeiro presidente do CPS.

Sábado, 18:
Ás 12:00 horas, contacontos a cargo de Roi Sixto que presentará o seu espectáculo Roi O Cagabolas.
 Pola tarde, ás 20:00 horas, no salón de actos do CPI A Xunqueira, celebrarase un festival de corais coas agrupacións Airiños da Capela, Lembranzas de Marín e a coral do CPS  de San Valentín.

Venres, 24:
Ás 19:00 horas, proxección do documental homenaxe a Rosalía de Castro no 150 aniversario da publicación de "Cantares Gallegos"

Martes, 28:
Ás 18:00 horas, inauguración da exposición de traballos do alumnado das escolas de bordado, bolillos e manualidades da sociedade.


Liga de Amigos de Barallobre

Venres, 17de maio:
 Ás 19:00 horas apertura dos actos a cargo de Henrique Sanfiz Raposo e actuación do grupo de baile e cantareiras Volvoretas e, a continuación, unha representación de narrativa Leite callado a cargo de dúas afeccionadas.
Domingo, 19:
Ás 19:30 horas, o grupo de teatro Xosemaría Pérez Parallé representará, a obra de Blanco Amor "O cantar dos cantares".  


O Pote de Maniños

Venres 17de maio:
Ás 20:00 horas tera lugar o festival de corais “Lembrando a Vidal Bolaño e a Rosalía”. Participarán as corais de Cospeito, Eterna Xuventude e a da SCRD O Pote.  
Sábado, 18:
Ás 22:00 horas, celebrarase o tradicional baile da flor con premios a flores e adornos florais.
Sábado, 25:
Ás 20:00 horas, concierto a cargo do grupo Chiculate, ao remate, queimada.

S.C.R.D. Agarimo de Sillobre

Xoves, 16 de maio:
 Ás 22:00 horas, concerto músico-poético de "Rosas", na cafetería do local.

Venres, 17:
Ás 09:30 horas, sairá do local social a IV Ruta de Sendeirismo "Coñece Sillobre Camiñando", e pensamos estar de volta arredor das 13:00 horas.

Domingo, 19:
 Ás 20:00 horas, Certamen de Corais, no que actuarán o Coro Xuvenil de Agarimo, a Coral Polifónica Armonía de Ferrol, e a Coral Polifónica de Agarimo.

Sábado, 25:
Ás 21:00 horas, velada de Teatro a cargo da agrupación de Agarimo, que representara a obra "Non me podo divorciar". Ao remate da actuación, tomaremos a xa tradicional queimada nas cuncas de Buño, encargadas para esta ocasión.

No hay comentarios:

Publicar un comentario