miércoles, 15 de mayo de 2013

Exposición dos pintores Jesús Balado, Manuel Amor e Juan Posse en Fene



A Casa da Cultura de Fene acollerá durante a segunda quincena do mes de maio unha exposición de óleos, ceras e tintas dos pintores Jesús Balado, Manuel Amor e Juan Posse. A mostra inaugúrase este xoves, 16 de maio, ás 19.30 horas, na sala de exposicións da Casa da Cultura (Avda. De Conces, 20-22).  Poderá visitarse ata o vindeiro 30 de maio, de luns a venres, de 10.00 a 13.00 horas e de 16.00 a 21.00 horas, e os sábados, de 10.00 a 13.00 horas. Domingos e festivos, pechado.

Jesús Balado (Fene, 1947) Pintor galego de recoñecido prestixio. Recibiu as súas primeiras clases de pintura no estudo do pintor ferrolán Carlos Villaamil, aínda que máis tarde estudou con Ricardo Segura Torrella.
Realizou a súa primeira exposición en 1967, ao 17 anos. A esta seguiron outras mostras en diversas localidades españolas e en Venezuela, onde residiu varios anos.
Balado traballa sobre todo con ceras, aínda que tamén domina a acuarela,  o óleo e o gouache. Adoita pintar paisaxes, tanto rurais coma urbanas, pero tamén realiza excelentes retratos, o que denota o seu grande dominio do debuxo.
Entre os recoñecementos que ten acadado ao longo da súa vida profesional, salienta o Primeiro Premio Rexional Álvarez de Sotomayor. (Información de www.pintoresgallegos.com)


Manuel Amor. Asegura que sempre lle gustou debuxar con lápiz e carbón, sen embargo, non deu o paso cara a pintura con ceras e ao óleo ata que comezou a asistir ás clases de Jesús Balado.



Juan Posse  Procedente  da construcción naval, este artista, de formación delineante e titulado en deseño interior pola Escola da Coruña, traballa sobre todo o debuxo artístico e o óleo. Tamén asiste ás clases de Jesús Balado.

2 comentarios:

  1. Suso Balado é un pintor moi boo, pero comenzou a pintar os vinte anos 1967-1947=20
    esús Balado (Fene, 1947) Pintor galego de recoñecido prestixio. Recibiu as súas primeiras clases de pintura no estudo do pintor ferrolán Carlos Villaamil, aínda que máis tarde estudou con Ricardo Segura Torrella.
    Realizou a súa primeira exposición en 1967, ao 17 anos.

    ResponderEliminar
  2. Quixen dicir que fixo a primeira exposicion os vinte anos

    ResponderEliminar