jueves, 7 de marzo de 2013

Exposición do pintor ferrolán Miguel D. Vidal na Casa da Cultura de Fene



No mes de marzo continúa a actividade na sala de exposicións da Casa da Cultura de Fene (Avda de Conces, 20-22). Desta vez, o protagonista será o pintor ferrolán, Miguel D. Vidal, cunha exposición titulada “Mesturas”. A mostra inaugúrase este venres, 8 de marzo, ás 19 horas e permanecerá na Casa da Cultura de Fene ata o vindeiro 22 de marzo. O horario de visitas será de luns a venres, de 10:00 a 13:00 horas e de 16:00 a 21:00 horas, e os sábados, de 10:00 a 13:00 horas.


Nesta exposición de pintura, Miguel Díaz Vidal amosa ao redor dunha trintena de óleos pertencentes a distintas etapas da súa traxectoria artística. Díaz Vidal comezou a pintar na década dos oitenta, da man do mestre ferrolán Juan Galdo. Dende aquela leva participado en numerosos certames e exposicións individuais colectivas por todo o país.

A súa obra salienta “polo dominio da cor en estado puro” e polo continuo achegamento do artista ao mundo da natureza (paisaxes, árbores, flores, mares, etc.), seguindo a liña do expresionismo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario