A Concellería de Cultura
programa un ciclo de cine e unha sesión de biodanza para nen@s
“La Navidad mágica de Mickey”, “Cars 2”, “Campanilla y el tesoro
perdido”, “Pérez, el ratoncito de tus sueños”, “Bolt” e “Toy Story 3” son as películas que se
proxectarán este Nadal na Casa da Cultura de Fene. O ciclo, que se desenvolverá
no salón de actos da Casa da Cultura (Avda. de Conces, 20-22) comezará o
mércores 26 de decembro e finalizará o venres 4 de xaneiro. Ademais de cine, a
Concellería de Cultura anuncia para o venres 28 de decembro ás 12.30 horas unha
sesión de biodanza para nen@s.
Detallamos o programa a
continuación:
CINE DE NADAL
SALÓN DE ACTOS DA CASA DA CULTURA DE FENE
. Mércores 26 de decembro
ás 12.15 hrs – “La Navidad mágica de Mickey”
. Xoves 27 de decembro ás
12.15 hrs – “Cars 2”
. Venres 28 de decembro ás
11.00 hrs – “Campanilla y el tesoro perdido”
. Venres 28 de decembro ás
12.30 hrs – Biodanza para nen@s
. Mércores 2 de xaneiro ás
12,15 hrs – “Pérez, el ratoncito de tus sueños”
. Xoves 3 de xaneiro ás
12,15 hrs – “Bolt”
. Venres 4 de xaneiro ás
12,15 hrs – “Toy Story 3”
Compartir
No hay comentarios:
Publicar un comentario