miércoles, 31 de octubre de 2012

“Por+Vida” organiza obradoiros de arte floral e manualidades navideñas


A Asociación fenesa contra o cancro  “Por + Vida”  promove dous obradoiros, de Arte floral e de Manualidades navideñas,  para os meses de novembro e decembro. As actividades desenvolveranse en horario de tarde na Escola fenesa de Fonte do Campo, a carón da Casa da Cultura – Museo do Humor de Fene.
O obradoiro de manualidades navideñas desenvolverase os martes de 17:00 a 19:00 horas . Comezará o día 6 de novembro e rematará o 18 de decembro.
O obradoiro de arte floral navideño  impartirase os venres de 17:00 a 19:00 horas. Comezará o 8 de novembro e rematará o 21 de decembro.
Segundo informa “Por + Vida”,  haberá doce prazas por curso que se cubrirán por rigorosa orde de inscrición. Para máis información, as persoas interesadas poden chamar ao teléfono da asociación.
Por + Vida – Tfno. 639 788 038.

No hay comentarios:

Publicar un comentario en la entrada