jueves, 9 de agosto de 2012

Foto denuncia

O BNG DE FENE DEMANDA A LIMPEZA DAS ESTRADAS PROVINCIAIS 

Os nacionalistas de Fene queren facer público a demanda cidadá existente ante a falla de limpeza das vías provinciais no concello de Fene. As estradas son a CP-1503 Perlio-Lavandeira 1 e a CP-3503 Barallobre-Belelle2 (segunda foto). Esta situación incrementa o perigo nestas estradas e deixa a peóns e ciclistas nunha indefensión total. Ademais da inseguridade no tráfico esta situación de maleza pode causar problemas graves en caso de lume tratándose como é o caso de estradas que pasan por zonas arboradas. No BNG imos tomar as seguintes medidas, por unha banda esixirlle ao Alcalde que se dirixa á Deputación e arranxe esta situación urxentemente, por outra banda o noso deputado provincia Xesus Vivero Soto fará a mesma demanda no ente provincia. Para o BNG este é un exemplo da mala xestión da deputación provincial e tamén é un exemplo de cómo un ente alonxado dos veciños e veciñas non é quen de dar unha resposta acaída aos seus problemas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario