miércoles, 1 de agosto de 2012

ABRE O PRAZO PARA PARTICIPAR NO CAMPAMENTO URBANO DE FENE


SE TES ENTRE 3 E 12 ANOS

¡¡VEN AO CAMPAMENTO URBANO DE AGOSTO DE FENE!!

DO 16 AO 31 DE AGOSTO

ONDE? 
 No Círculo Mercantil e Industrial Unidade de Fene, cunhas instalacións  onde se pode xogar, practicar deportes e xogos acuáticos, realizar obradoiros, manualidades, xogos tradicionais, festas, en  amplas zonas verdes e deportivas.


QUEN PODE INSCRIBIRSE?  Os nenos e nenas de 3 a 12 anos.

CANDO O FAREMOS?

Do 16 ao 31 de agosto (agás sábados e domingos).
Horario das actividades:
-      De 10:00 a 13:30 horas

QUE FAREMOS?
-      Xogos acuáticos, gimkanas temáticas, xogos de pistas,…
-      Deportes
-      Obradoiros (reciclaxe, inventoxogos, festas temáticas)

NÚMERO DE PRAZAS: 30

INSCRICIÓN E INFORMACIÓN:

o   Lugar: Nas dependencias administrativas do Departamento de Cultura e Deportes (Avda. naturais, 44, entrechán dta.).Teléfono: 981 34 03 66/ 607 615 962.
o   Prazo de inscrición: Do 1 ao 13 de agosto.
o   As prazas cubriranse por orde de inscrición.
o   Cota: 34,45 €


Unha vez entregada a ficha de inscrición e confirmado que ten praza, procederá a:
1.    Facer o pagamento da cota mediante ingreso na conta a nome do Concello de Fene: “Campamento urbano de Fene” en Novagalicia Banco, nº de conta: 2080-0209-56-3040009274.

2.    Achegar xustificante deste ingreso nun prazo de cinco días hábiles. No caso de non achegar o xustificante do ingreso causará baixa na actividade.

Baixas e devolución de cotas: O concello devolverá a cota aos participantes que se dean de baixa unha vez inscritos, sempre e cando se formalice a renuncia de praza e a solicitude de devolución de cota  antes do remate do prazo de inscrición.

NAS ACTIVIDADES É PRECISO LEVAR

·        Calzado e  roupa cómoda / deportiva
§  Gorra
§  Bañador posto
§  Protector solar posto
§  Mochila con:
o   Tentempé
o   Botellín de auga
o   Chanclas e  gorro de baño
o   Toalla,
o   Bañador seco de reposto
o   Protector solar para botar a media mañá


ORGANIZA:





Departamento de Cultura e Deportes.

No hay comentarios:

Publicar un comentario