martes, 7 de agosto de 2012

A Casa da Cultura de Fene acolle dende o xoves a exposición gañadora do VII premio de banda deseñada “Castelao”




“Titoán”, de Iván Suárez e Ignacio Vilariño, amosarase en Fene dende o 9 ao 21 de agosto.

Chega a Fene a exposición de cómic “Titoán”, do debuxante compostelano Iván Suárez e do guionista de Lalín Ignacio Vilariño. A mostra está baseada na obra gañadora da VII edición do premio de cómic “Castelao”, convocado pola Deputación Provincial de A Coruña en 2011.  Poderá visitarse de luns a venres, de 10:00 a 14:15 horas.

“Titoán” é o segundo volume publicado por Suárez e Vilariño en relación á biografía do artista plástico, escritor e político Afonso D. R. Castelao após “O pobre tolo”,  asinado por ambos. En Titoán nárrase o paso entre a mocidade e a madureza de Castelao: Finalizados os seus estudos de medicina, xórdelle un inesperado trato cun veciño de Rianxo que se anoxa cando Castelao se inspira nel para facer un cabezudo das festas. Aquel paisano é quen lle dá título a este álbum de BD.

Iván Suárez, debuxante

Coñecido ilustrador de literatura infantil, o seu debú monográfico na banda deseñada veu coa novela gráfica Rara Avis con guión de Kike Benlloch. Tamén participou no álbum colectivo H2Oil e foi colaborador de Barsowia, podendo encontrarse traballos del nos números 2, 3 e 4 da revista. Participou en 2009 na exposición Miña terra galega no Salón de BD de Barcelona, e no mesmo encontro ao ano seguinte na mostra Un Camiño de Viñetas.

Inacio, guionista

Licenciado en Belas Artes pola Universidade de Vigo, desenvolve co ilustrador Iván Suárez un amplo proxecto biográfico sobre Afonso Daniel R. Castelao, ao que pertencen Titoán, premio Castelao 2011 e O pobre tolo (Demo Editorial/Komic Librería 2012).

No hay comentarios:

Publicar un comentario