jueves, 10 de mayo de 2012

O CFA TRASNOS DE FENE CONTINÚA A LIDERAR A IV LIGA GALEGA DE FLAG FÚTBOL


O pasado domingo, 6 de maio, celebrouse no campo municipal da Cañoteira (Teo) a segunda xornada da IV Liga Galega de Flag Fútbol. Malia ao emocionante da xornada, desta vez ningún equipo conseguiu gañar os seus tres encontros. O CSF Teo fixo valer a súa condición de local para sorprender in extremis ao Vigo Guardians, que acababan de derrotar ao CFA Trasnos minutos antes. O equipo local remontou 7 puntos de déficit nos últimos segundos de partido, gañando finalmente por un punto.

RESULTADOS 2da JORNADA IV LGFF

ANFITRIÓN: CSF TEO (TEO)
1era ronda:
CSF TEO 6 - 35 CFA TRASNOS
CORUÑA TOWERS 19 - 33 VIGO GUARDIANS
2da ronda:
CSF TEO 8 - 38 CORUÑA TOWERS
VIGO GUARDIANS 26 - 20 CFA TRASNOS
3era ronda:
CSF TEO 14 - 13 VIGO GUARDIANS
CFA TRASNOS 24 - 19 CORUÑA TOWERS

CLASIFICACIÓN PROVISIONAL:

1. CFA TRASNOS (5-1)
2. VIGO GUARDIANS (4-2)
3. CORUÑA TOWERS (2-4)
4. CSF TEO (1-5)

O “Flat Football” é unha modalidade de Football americano na que non está permitido o contacto físico. É por iso que, para derribar a un adversario, o xogador debe tirarlle do “flag”, dous panos que van suxeitos á cadeira. É un deporte mixto e unha boa introducción ao fútbol americano “de verdade”.

En Galicia vense practicando este deporte dende 2007. En 2008 creouse a Asociación Galega de Fútbol Americano (AGFA) e en 2009 celebrouse a primeira Liga Galega de Falg Fútbol. O CFA Trasnos de Fene foi o gañador das 3 anteriores edicións da liga.
.

2 comentarios:

  1. Estuve viendo en youtube videos de este deporte y me parece muy interesante. Ojalá se siga informando de este deporte en este excelente blog. Espero que sí, además por lo visto Fene destaca en este deporte

    ResponderEliminar
  2. amigo, esta semana CFA TRASNOS se ha proclamado campeon gallego, y jugara en Gijon la final nacional, por lo que podrian acabar siendo campeon de españa (quien sabe) a ver si se le apoya a estos chavales que lo hacen muy bien!

    ResponderEliminar