Logo da terrible desgraza do lume que asolou as Fragas do Eume, dende a Comunidade de Montes de Marraxón, Sillobre, quixemos aproveitar toda a solidaridade, apoio e mostras de adhesión que esta catastrofe fixo aflorar na sociedade en xeral, para convidar a todas as persoas que quixeran, a colabourar na limpeza do monte comunal, que si ben, non ten nin con moito o valor ecolóxico das Fragas, si é unha maneira de implicar ao pobo no coidado e mantemento dos nosos montes ante a persistente ameaza dos lumes forestais.
Ante a pasividade ou escaso, por non decir nulo, apoio das distintas Administracións, é por iso, que o pasado sábado 21 de abril, organizamos un desbroce popular no monte comunal, unha bonita tarde primaveral na cal só fumos 7 persoas, todas vinculadas coa directiva dos montes comunais, e durante dúas horas e media, rozamos o monte, charlamos e desfrutamos da natureza, nin nos herniamos, nin nos derón lumbalxias.
Eramos conscentes, que polo horario que escollimos, tiñamos que competir con programas de tv como Qué tiempo tan feliz!!, e con toda esa xente que, aproveitando estes tempos de pleno emprego, están a traballar con intensidade as tardes dos sábados para facer horas extras!
Nembargantes, podese considerar a iniciativa do desbroce popular como un fracaso sin paliativos, xenericamente, moito darlle ao badal cando o lume das Fragas, pero á hora da verdade, e cando hai que botar unha man, a forza realmente vaise pola boca.
Ao mellor é o momento de plantexarnos como sociedade si realmente nos interesa o coidado dos montes, porque visto o visto, e ollando como está o país de abandoado neste senso, poderíase pensar que á sociedade galega, en xeral, non lle interesa moito o seu patrimonio forestal.
De todos os xeitos, sabemos o que temos que facer para conseguir que a xente acuda á seguinte convocatoria desta Comunidade...Unha churrascada popular e gratuita, asi, seguro que os asistentes contaranse por centenares.
Estos razoamentos non están dirixidos hacia ninguén en particular, pero si en xeral,ao conxunto da sociedade, nun intres en que é máis necesaria que nunca a colabouración e solidaridade entre iguais.
Como polo positivo, engadir que polo menos un cachiño quedou limpo, e os piñeiros xa medran ceibos, e o xenio e a esperanza no futuro que dá ver a un neno de 9 anos atarefado como o que máis, rozando silvas e toxos.
Francisco Tomás Corral Vilar. Presidente da Comunidade de Montes Comunais de Marraxón.Sillobre.
Imágenes del acto del pasado sábado
Grazas pola publicación, Jacobo
ResponderEliminar