
497 nenas pertencentes a 26 clubs de toda Galicia participarán esta fin de semana na IV Exhibición de Ximnasia rítmica “Concello de Fene”. A cita será o sábado 21 de Abril, de 16:00 a 20:30 horas, no pavillón polideportivo da Xunqueira, en San Valentín.
Nesta edición, ademais das actuacións individuais e de conxuntos das ximnastas, os asistentes poderán desfrutar dunha serie de exhibicións das alumnas das escolas municipais de baile e aeróbic infantil.
Fomentar a ximnasia rítmica a nivel de escolas é o obxectivo desta cuarta exhibición que se celebra en Fene. Coa organización deste evento, o Concello pretende “cubrir as necesidades das pequenas ximnastas e bailarinas a través da recreación, a diversión e a motivación para que continúen coa práctica destes deportes”.
Os clubs participantes serán:
| CLUB | Nº XIMNASTAS |
| CLUB XIRANDELA ( Sarria ) | 21 |
| CLUB XIMNASIA TEMPO ( Coruña ) | 9 |
| CLUB MARÍA BARBEITO ( Coruña ) | 4 |
| ESCOLA MUNICIPAL DE CARRAL ( Coruña ) | 15 |
| ESCOLA MUNICIPAL DE ABEGONDO ( Coruña ) | 43 |
| COLEXIO OBRADOIRO ( Coruña ) | 20 |
| ASOCIACIÓN INFERNIÑO ( Ferrol ) | 16 |
| ESCOLA PONTEDEUME ( Pontedeume ) | 10 |
| CLUB ACORDES PONTEDEUME ( Pontedeume ) | 12 |
| ESCOLA XIMNASIA ACORDES ( Oleiros ) | 4 |
| CLUB BECERREÁ ( Becerreá ) | 33 |
| CLUB BRIO ( San Sadurniño ) | 23 |
| CLUB XIMNASIA PAVILLÓN ( Ourense ) | 9 |
| CLUB PORTA NORTE BURELA ( Burela ) | 10 |
| CLUB PORTA NORTE RIBADEO ( Ribadeo ) | 10 |
| COLEXIO A XUNQUEIRA ( Fene ) | 15 |
| ESCOLA DANZARES ( Ares ) | 16 |
| ESCOLA DE SILLOBRE ( Sillobre ) | 25 |
| ESCOLA DE SAN VALENTÍN ( Fene ) | 15 |
| COLEXIO AYALA ( Narón ) | 9 |
| ESCOLA DE MANIÑOS ( Maniños ) | 15 |
| ESCOLA DE MUGARDOS ( Mugardos ) | 20 |
| ESCOLA DE FENE ( Fene ) | 10 |
| ESCOLA MUNICIPAL DE ARES ( Ares ) | 20 |
| CLUB ESQUÍO ( Ferrol ) | 66 |
| ESCOLA MUNICIPAL DE FENE ( Fene ) | 47 |
| Total Clubes: 26 | Total ximnastas: 497 |
.
No hay comentarios:
Publicar un comentario