lunes, 16 de abril de 2012
O FOTÓGRAFO ROMÁN MONTESINOS PRESENTA EN FENE AS SÚAS “METÁFORAS VISUAIS”
A mostra inaugúrase este mércores ás oito do serán e permanecerá na Sala de Exposicións da Casa da Cultura (Avda de Conces, 20-22) ata o vindeiro 4 de maio. Poderá visitarse de luns a venres, de 10:00 a 13:00 horas e de 16:00 a 21:00 horas, e os sábados, de 10:00 a 13:00 horas.
Román Montesinos naceu na Coruña en 1952. Comezou a súa andaina fotográfica a finais dos anos 60. Xeólogo, especializado en Paleontoloxía, actualmente é profesor na Universidade da Coruña.
A obra fotográfica deste artista tense vinculado coa fotografía metafórica (metáforas visuais – poesía visual). Nas súas fotografías tenta evocar distintos tipos de sentimentos, conxugando o material –obxectos diversos- co anímico. Na súa obra predominan os dobres sentidos e, con moita frecuencia, un humor subxacente.
Montesinos é autor de máis dunha ducia de exposicións individuais: na Coruña (Asociación Alexandre Bóveda, libraría Arenas e dúas veces na Facultade de CC da Educación). Tamén no Concello de Culleredo, na Universidade de Oviedo, en Do Forno, en Lugo, na Universidade de León, en Casa Charry do concello de Oleiros e, colectivamente, en Madrid e Culleredo (A Coruña).
A súa obra foi difundida en medios de prensa nacionais e internacionais (Boston, USA) e, virtualmente, na agrupación fotográfica F11 de Alemania, con dúas exposicións monográficas en decembro de 2008 e xaneiro de 2011.
.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario