sábado, 28 de abril de 2012

O CAMPO DOS PINARES ACOLLE ESTE DOMINGO A PRIMEIRA XORNADA DA 4ª LIGA GALEGA DE FLAG FOOTBALL


Os encontros comezarán ás 10:30 horas
O CFA Trasnos, de Fene, o Club San Francisco, de Teo, o Towers, de A Coruña, e os Guardians, de Vigo, tomarán parte nesta 4ª Liga Galega de Flag Football, que se prolongará durante catro xornadas.

Segundo informan dende a organización, cada un dos equipos participantes fará de anfitrición no seu campo nunha xornada na que todos os conxuntos xogarán contra todos. Celebraranse dous partidos simultáneos en dous campos, o que fará un total de tres encontros diarios para cada equipo. Ao remate da liga, cada conxunto levará xogados un total de doce partidos. O que quede primeiro será o campión.

Dende que comezou a celebrarse a Liga Galega de Flag Football, o CFA Trasnos, de Fene, sempre resultou gañador (edicións de 2009-2010 e 2011), perdendo únicamente un encontro o ano pasado contra o equipo dos Guardians (Vigo).

Por outro lado, este ano o CFA Trasnos representará a Galicia na VIª Spanish Flag Bowl (equivalente da Liga Nacional de Flag Football). Esta nova edición celebrarase en Xixón (Asturias), casa dos actuais campións españois.

FLAG FOOTBALL

O “Flat Football” é unha modalidade de Football americano na que non está permitido o contacto físico. É por iso que, para derribar a un adversario, o xogador debe tirarlle do “flag”, dous panos que van suxeitos á cadeira.
.

No hay comentarios:

Publicar un comentario