viernes, 20 de abril de 2012
FRANCISCO JORQUERA VISITA ÁS MARISCADORAS DE BARALLOBRE PECHADAS NO CONCELLO
Francisco Jorquera achegouse ao Concello de Fene para amosar o seu apoio ao colectivo de marisadoras e mariscadores da Confraría de Barallobre, que continúan o seu peche ante o impago da Consellería polos seus labores de rexeneración, que acumula xa máis de cinco meses de salarios. O deputado no Congreso informounos da presentación dunha enmenda aos orzamentos do Estado para que se teña en conta a necesidade urxente de rematar as obras para a depuración da Ría de Ferrol.
Ademais, Jorquera visita, tamén esta tarde, o Comité de Empresa de Infinita Renovables, afectada por un expediente de regulación de emprego.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario