Escaparate de Pastelería Martínez, premiado en el "I Concurso
de Escaparates de Primavera 2012"
de Escaparates de Primavera 2012"
Diego Calvo presidente da Deputación da Coruña, Gumersindo Galego, alcalde de Fene, Juan José Franco concelleiro de promoción económica, José Villares presidente da asociación de comercio e hostalería de Fene O Cruceiro e o xurado presidido por Antonio Candamio, entregaron onte durante a celebración do I Salón de comercio Fenés e Oportunidades, o premio ao gañador do I Concurso de Escaparates de Primaveira 2012 organizado polo Concello de Fene.
O premiado foi a Pastelería Martínez, a quen Viaxes Volaria lle fixo entrega dun vale para unha estancia nun hotel con encanto para dúas persoas.
Durante a celebración esta fin de semana do encontro de artesáns e do I Salón do comercio Fenés e Oportunidades, o concello de Fene instalou na entrada do pavillón polideportivo A Xunqueira, unha oficina de turismo para atender ao público que acudiu a estes eventos. Rexistráronse más de 100 persoas que solicitaron información relacionada coas actividades do municipio e do Concello e os sitios de interese a visitar ou rutas a realizar.
O Concello que organizou o sábado a saída dunha ruta do club ciclista de Fene BTT, unha exhibición de coches históricos, unha cata de viños, música en directo ás portas do pavillón, actividades solidarias, un pirograbado e logo por medio da Asociación de Comerciantes de Fene un caricaturista, sorteos e agasallos está moi satisfeito da asistencia ás distintas actividades e á propia Feira así como á Feira da artesanía do sábado organizada polo Concello e pola Asociación “Os Tadetas” e na que mais de 700 mulleres de toda España“palillaron” e pola que pasaron varios milleiros de persoas.
.
No hay comentarios:
Publicar un comentario