viernes, 20 de abril de 2012
CONTACONTOS CON PABLÍSIMO PARA CELEBRAR O DÍA DO LIBRO NA BIBLIOTECA MUNICIPAL
A actividade desenvolverase o vindeiro luns, 23 de abril, a partir das 18 horas
“Colle un pouquiño de contacontos, engádelle unha pinguiña de teatro, deixao ao baño María con animación á lectura, espolvorea un chisco de pantomima...e xa tes unha sesión de Pablísimo”. O popular contacontos estará na Biblioteca Municipal Pérez Parallé o vindeiro luns 23 de abril, Día Internacional do Libro, a partir das seis do serán. A sesión está dirixida a nenos e nenas maiores de 3 anos.
“Hai contos para 1000 e unha noites e outros contos coma un salouco”. Nesta función de Pablísimo en Fene, o contacontos presentara “Mini Contos”, os contos máis curtos do mundo.
Máis información no blog do artista http://oscontosdpablisimo.blogspot.com.es/
.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario