viernes, 30 de marzo de 2012
O GOBERNO DE FENE TALA SEN CRITERIO ÁRBORES ORNAMENTAIS
Numerosos veciños e veciñas transmitíronlle á representación do BNG no concello as queixas polas actuacións na xardinería municipal. O nacionalistas denunciamos o que consideramos unha falta de criterio á hora de facer “traballos de xardinería” nas zonas públicas do noso concello.
Nos últimos meses e logo de trasladar varias queixas nas comisións, os nacionalistas, vemos como a concellaría de servizos e mantemento segue a talar e podar sen criterio técnico ábores e arbustos no concello de Fene.
A última vítima foi unha magnolia na praza da Constitución, no cruce de Fene, Antes foron tres magnolios na Avd. Naturais. Estas especies contaban con varias décadas de vida e non padecían enfermidades nin poñían en perigo cousa algunha.
Noutras zonas do concello tamén houbo talas e podas á carta, que para o BNG so responden ao descoñecemento do traballo e ao tempo que leva humanizar con árbores e arbustos a contorna urbana.
Os nacionalistas pediremos, na vindeira Comisión Informativa , que desde a concellaría se leve unha planificación dos traballos a realizar en materia de xardinería e mantemento, e ao mesmo tempo que se humanicen as vías urbanas con criterios técnicos.
.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario