A cita será este mércores, 14 de marzo, ás 18 horas na Biblioteca Municipal
Xeralmente un neno atopa máis posibilidades de xogo nunha caixa de cartón que no xoguete que ía dentro. A partires desta premisa intuída, Caxoto Contacontos estructura unha sesión de contos onde fansasía, ledicia e sentimento conforman os eixes cartesianos dunha nova realidade. Caixas que son cohetes, casiñas, refuxios, coches, ... sustraendo das nosas lembranzas todos aqueles momentos en que unha caixa a carón do lixo nos suxeríu un sinfín de posibilidades ... e unha tentación que había que rexeitar.
“Soñando cunha caixa de cartón” está dirixido a nen@s maiores de 3 anos. A función encádrase no programa Letras Vivas da Xunta de Galicia. Organiza: Concellería de Cultura, Xuventude e Deportes do Concello de Fene.
No hay comentarios:
Publicar un comentario