O concello aprobou o pago a provedores por valor de máis de 500.000€. Para o BNG esta boa nova poderíao ser moito máis se no verán do 2011 o PP e o PSOE tivesen contemplado no orzamento que aprobaron as partidas suficientes para pagar, cando menos, os gastos xa realizados durante o ano pasado. Esta fora unha das demandas nacionalistas que non contemplaba o documento. Agora a realidade danos a razón xa que máis de 350.000 proveñen do remante do 2011.
As empresas provedoras van cobrar agora con celeridade para que o Concello de Fene non teña que recurrir a un novo creto bancario e ser intervido n apráctica polo Estado presentando un Plan de viabilidade, cuestión que desde o BNG aplaudimos.
Desde o Grupo municipal do BNG valoramos que este goberno do PP co apoio inestimábel do PSOE ven facendo unha política económica sen planificación algunha e a ritmo de decretos do goberno do Estado. Orzamentos 2011, petición do Creto ICO por valor de 400.000€ ou as ordenanzas fiscais son exemplos deste acordos PP- PSOE.
.
No hay comentarios:
Publicar un comentario