O curso de “Introdución ao uso do Power Point” pretende dar a coñecer esta ferramenta e as súas diferentes opcións, así como os conceptos para realizar presentacións de traballo/estudo ou persoais. As persoas interesadas nesta acción formativa poderán matricularse no Nivel I (12, 14, 15, 19, 21 e 22 de marzo) ou no Nivel II (9, 11, 12, 16, 18 e 19 de abril) en función dos seus coñecementos. Ambos os dous cursos terán unha duración de 20 horas e celebraranse en horario de tarde, de 17.00 a 20.20 horas.
Ensinar os fundamentos da rede de redes, é o obxectivo fundamental do curso de “Introdución a Internet”. Neste caso tamén se estructura en dous niveis. No básico abordaranse os principios básicos de Internet, e no avanzado, algunhas aplicacións máis comúns. As datas de celebración dos mesmos serán as seguintes:
- - NIVEL BÁSICO A (10 horas): 12, 14, 15, 19 e 21 de marzo (de 10:30 a 12:30 horas)
- - NIVEL BÁSICO B (10 horas): 9, 11, 12, 16 e 18 de abril (de 10:30 a 12:30 horas)
- - NIVEL AVANZADO A (10 horas): 13, 16, 20, 22 e 23 de marzo (de 10:30 a 12:30 horas)
- - NIVEL AVANZADO B(10 horas): 23, 25, e 26 de abril e 2 e 3 de maio (de 10:30 a 12:30 horas)
- - NIVEL BÁSICO A (10 horas): 13, 16, 20, 23 e 26 de marzo (de 17.00 a 19.00 horas)
- - NIVEL BÁSICO B (10 horas): 7, 9, 10, 14 e 15 de maio (de 10.30 a 12.30 horas)
- - NIVEL AVANZADO A (10 horas): 10,13, 17, 20 e 23 de abril (de 17.00 a 19.00 horas)
- - NIVEL AVANZADO B (10 horas): 21, 23, 24, 28 e 30 de maio (de 10.30 a 12.30 horas)
As inscricións realizaranse nas Dependencias Administrativas da Concellería de Cultura, Deportes e Xuventude (Avda. Naturais 44, entrechán dereita) dende o xoves, día 23 de febreiro, até dous días antes da data fixada para o comezo de cada curso, en horario: de luns a venres, de 9:00 a 13:30 horas, e os mércores, tamén de 16:30 a 19:00 horas.
As prazas cubriranse por rigorosa orde de inscrición (cada persoa, poderá cubrir dúas prazas por curso, como máximo). Para formalizar a matrícula será imprescindible cubrir a ficha que facilitará a persoa encargada da matriculación, para logo poder pagar a correspondente cota (que ascende a 21,80 euros no caso do curso de “Introdución ao uso de PowerPoint” e a 10,90 euros para os cursos de “Introdución a Internet” e “Introdución a Ofimática”).
Importante: Só se levarán a cabo aqueles cursos nos que se cubra cando menos o 60% das prazas ofertadas.
Máis información: Dpto. Cultura, Deportes e Xuventude do Concello de Fene
No hay comentarios:
Publicar un comentario