Como o propio Goberno vén afirmando, esas medidas non contribuirán de xeito directo a xerar emprego nin a mellorar a estabilidade laboral das persoas que na actualidade ocupan postos de traballo en precarias condicións. Confírmase así, que o verdadeiro programa de Goberno do PP é aplicar unha política económica ao servizo de quenes máis teñen, en prexuízo das maiorías sociais cuxo sustento depende do seu traballo.
Constátase que o verdadeiro propósito do Goberno actual consiste en empregar a crise económica como pretexto para atacar os dereitos dos traballadores e traballadoras, rebaixando as súas condicións laborais. Fene conta con máis de 1300 persoas no desemprego e cunha gran ameaza de desaparición do pouco traballo que queda no Astaleiro de Navantia.
Por estas razón solicitamos que o Pleno do concello rexeite esta reforma laboral que, lonxe de ser equilibrada como se afana en difundir -con afán de confundir- o Goberno central, en realidade mingua dereitos regulados en normas públicas que favorecían ás persoas traballadoras, para que fiquen a vontade das decisións empresariais e desposuídos de calquera capacidade de negociación e presión para mellorar as súas condicións socioeconómicas.
ACORDO
- 1. Manifestar o rexeitamento da Corporación municipal á reforma laboral aprobada polo Real Decreto 3/2012, do 10 de febreiro, instando ao Goberno central a:
- 1. Proceder á derrogación de dita norma.
- 2. Acometer unha mellora das relacións laborais, en base ao consenso e negociación cos representantes sindicais , que protexa ás persoas traballadoras fronte á precariedade laboral e inclúa estímulos reais para a xeración de emprego de xeito inmediato.
- 2. Comunicar o presente acordo aos grupos parlamentares do Congreso de Deputados e Parlamento de Galiza, Presidente do Goberno do Estado e Presidente da Xunta de Galiza.
No hay comentarios:
Publicar un comentario