miércoles, 30 de noviembre de 2011

O PSOE esixe nunha moción o amaño inmediato da Avenida do Mar de San Valentín

Centos de veciños e veciñas levan máis de tres meses accedendo ás súas casas, ao colexio público da Xunqueira ou ao polideportivo municipal por esta rúa absolutamente destrozada, plagada de socavóns e inundada cada día de choiva. A situación é xa insostible.

De “escenario de guerra” é como calificou Iván Puentes, portavoz do PSOE no Concello de Fene o estado da Avenida do Mar de San Valentín, unha das principais rúas do centro urbano de Fene. Hai aproximadamente 3 meses que a empresa encargada da construcción do colector da banda Sur da Ría de Ferrol rematou os seus traballos na zona, pero a día de hoxe aínda non cumpriu coa súa obriga de repoñer o pavimento da avenida.

Así, os centos de vehículos e de cidadáns que usan a diario esta rúa, paralela ao paseo marítimo de San Valentín, transitan sobre a zahorra que susbtitúe ao aglomerado, sortean baches de dimensións desproporcionadas e buscan zonas polas que cruzar a calzada nas que non existan balsas de auga para, entre outras cousas, levar ao colo aos seus fillos e fillas ao colexio da Xunqueira ou ao polideportivo e ao parque infantil que existen na zona.

O PSOE de Fene leva desde o mes de setembro recibindo centos de queixas dos veciños e veciñas de San Valentín e de acordo con elas esixíndolle ao Goberno Municipal que se poña fin a esa situación. Sen embargo, tres meses despois, pese ás reiteradas promesas do PP de amañala canto antes, a rúa non só segue igual, senón que o deterioro aumenta cada día. Tanto que no último pleno da corporación, Iván Puentes decidiu tirar de ironía e preguntarlle ao Alcalde se, vistos os socavóns da Avenida do Mar, se estaba a lavar al cabo algún tipo de prospección mineira na zona.

Todos estes aspectos son os que o PSOE de Fene recolle na moción elaborada para reclamar o amaño inmediato da avenida. Concretamente os socialistas pídenlle ao PP de Fene que lle esixa á Xunta de Galicia dúas cuestións: repoñer o aglomerado en todo o ancho do vial, non só no carril levantado inicialmente e, aproveitando estes traballos, substituir as vellas e molestas, fundamentalmente polo ruido que provocan, bandas sonoras que existían na zona por pasos de peóns elevados que eviten o execeso de velocidade dos vehículos sen as moestias orixinadas polas bandas.

“Que haxa que levantar ou cortar incluso a estrada para a construcción do colector é lóxico, pero que tres meses despois o firme dunha rúa principal como esta siga sen se repoñer e sumando cada día máis baches de proporcións descomunais é absolutamente intolerable. E aínda que a obra sexa financiada pola Xunta, é deber do Goberno Municipal de Fene tomar todas cantas medidas estean na súa man para defender os dereitos dos seus veciños e veciñas”, afirma Iván Puentes.

O PP aplica a censura e impide que a moción poda ser debatida neste pleno

Xa no último pleno os socialistas mostraron a súa disconformidade coa pasividade e prepotencia da Concelleira de Urbanismo, Rocío Bértoa, á hora de preparar e conducir as comisións informativas que ela preside, pero este mes a súa actitude foi máis aló do tolerable. A Comisión de Urbanismo, que debía celebrarse con carácter ordinario o martes da semana pasada, non foi convocada e foi substituída por unha xuntanza extraordinaria da mesma o pasado xoves.

A diferencia non é menor, posto que nas reunións ordinarias das comisións os grupos da oposición poden incluír asuntos na orde da día, mentres que nas extraordinarias só se pode debater sobre aquilo que o Goberno Municipal decida levar á Comisión. Pese a ter no seu poder a moción socialista sobre a Avenida do Mar desde días atrás, o PP decidiu non incluíla na orde do día da comisión extraordinaria, vetando así o seu debate na mesma e impedindo ademais que sexa tratada no pleno deste mes, convocado para mañá xoves día 1. Así, como moi cedo, a moción non poderá ser debatida ata o seguinte pleno, previsto para o 5 de xaneiro.


Só a boa sorte pode explicar que a día de hoxe a situación da Avenida do Mar non teña derivado máis que en caídas de peóns con consecuencias leves e nas incomodidades xa descritas, pero o firme da rúa debe ser reparado inmediatamente, porque só hay dúas palabras que podan describir a actual situación, indigna e vergoñenta. E só a pasividade e o nulo interés dun goberno pola seguridade e o benestar dos seus veciños e veciñas pode explicar que logo de dous meses non se teña tomado unha soa solución ao respecto.

.

No hay comentarios:

Publicar un comentario