MERCADILLO

lunes, 31 de octubre de 2011

XXIV acto de clausura da Liga de chave 2011

Como ven sendo dende hai 24 anos,o Clube Amigos da chave de Ferrolterra ,celebrou no restaurante A Concha de Narón o acto de Clausura da XXIV edición da Liga de Chave que se desenrolou en Ferrolterra dendeo19 de Febreiro ata o11 de xuño (xa se ven celebrando dende o ano 1987 o 1997 daquela como Delegación Comarcal de Chave de Ferrolterra ).

Asistiron como convidados representantes dos Concellos,prensa e radio;despois da cea e entrega de trofeos os asistentes aroufados por un estupendo grupo de muxica que lles tocou ata altas horas da madrugada.

Nesta gala fixose a entrega de Trofeos os equipos gañadoresde 1ª, 2ª e 3º división, e agasallos a todo-los chavistas.

Este ano a participación na Liga foi de 14 equipos en 1ª,13 en 2ª e 13 en 3ª, quedando as clasificacións da seguinte forma:

En 1ª división:
  • 1º O'Pazo de Mugardos con 90 puntos e 2301 chaves.
  • 2ª Outeiro de Ares con 87 puntos e 2059 chaves.
  • 3º Taberna o Feal de Naron con 75 puntos e 2151 chaves.
En 2ª división:
  • 1º Catro Camiños de Mugardos con 84 puntos e 1600 chaves.
  • 2º Mandiá de Ferrol con 75 puntos e 1472 chaves.
  • 3º Fumazo de Neda con 70 Pntos e 1489 Chaves .
En 3ª División:
  • 1º Imaxina Pazos de Ferrol con 92 puntos e 1521 chaves.
  • 2º Ambigú Cabana de Ferrol con 80 puntos e 1270 chaves.
  • 3º Picas Bello de Ares con 65 puntos e 1181 chaves.
Máximos Chavistas :
  • En 1ª Pepe do T. Feal con 802 chaves.
  • En 2ª Tito da A.V.V. de Serantes con 569 chaves.
  • En 3ª Luciano do Imaxina Pazos con 580 chaves
.

No hay comentarios:

Publicar un comentario