miércoles, 19 de octubre de 2011

O Concello de Fene en colaboración coa Xunta de Galicia organiza un obradoiro de Orientación Laboral

A actividade vai dirixida a persoas que estean prioritariamente en busca activa de emprego
O obradoiro desenvolverase no salón de actos da Casa da Cultura mañá xoves de 18.00 h a 20.00 h e está dirixido á mocidade cunha idade comprendida entre os 18 e os 30 anos. Os/as participantes/as recibirán un Diploma da Dirección Xeral de Xuventude.
As persoas que queiran participar e non estean dentro do parámetro de idade fixado, poderán asistir como oíntes á xornada aínda que non se lles entregará o diploma.
Os contidos do curso son:
- Introducción ás técnicas de busca de emprego.
- Ferramentas para a busca de emprego
- A entrevista de traballo

No hay comentarios:

Publicar un comentario