martes, 13 de septiembre de 2011

O VINDEIRO MÉRCORES ABRE O PRAZO DE MATRICULACIÓN PARA AS ESCOLAS DEPORTIVAS E CULTURAIS MUNICIPAIS DE FENE


As inscricións realizaranse nas dependencias administrativasdo Pavillón “A Xunqueira” de San Valentín


A matrícula nas Escolas de Piscina realizarase os días 14 e 15 de setembro (só residentes en Fene) e 16 de setembro (poboación en xeral). Para a totalidade das Escolas Deportivas Municipais, as datas establecidas serán o 19, 20 e 21 de setembro (só residentes en Fene) e 22, 23 e 26 de setembro (poboación en xeral). O horario de atención ao público no Pavillón Municipal “A Xunqueira” será de 9:00h a 13:30 h. (todos os días sinalados) e de 16:00 a 19:30 horas (os días 14, 20, 21, e 22 de setembro).

No caso das Escolas Culturais, Cursiños TIC, Xornadas Tic e Obradoiros, a inscrición formalizarase do luns 3 ao venres 7 de outubro. Os días 3, 4 e 5 de outubro poderán anotarse as persoas residentes en Fene e o 6 e 7 de outubro, a poboación en xeral. Neste caso, o horario de atención ao público será de 9:00 a 13:30 horas (todos os días sinalados) e de 16:00 a 19:30 horas (o mércores 5 e o xoves 6 de outubro). Este prazo rexe para todos os cursiños e xornadas TIC, agás o de “Fotografía e retoque dixital”.

UNHA AMPLA OFERTA DE ACTIVIDADES PARA TODAS AS IDADES

Dende a Concellería de Cultura e Deportes saliéntase a variedade de actividades organizadas no marco das Escolas Deportivas e Culturais Municipais do Concello de Fene para o curso 2011-2012.

ESCOLAS DEPORTIVAS

Entre as escolas que se impartirán na piscina municipal de Centieiras salientan as de natación para bebés, primeira infancia, iniciación e perfeccionamento infantil, perfeccionamento xuvenil, iniciación e perfeccionamento adultos e natación terceira idade. Tamén se oferta natación para embarazadas e natación terapéutica (combinada ou non con rehabilitación funcional).

No pavillón “A Xunqueira” haberá minibasket, iniciación ao baloncesto, pilates, ximnasia rítmica, bailes latinos, danza do ventre, aerobic, bailes de salón, ioga, patinaxe e rehabilitación funcional (combinada ou non con natación terapéutica). Asemade, están previstas outras escolas deportivas en distintas instalacións do Concello de Fene coma o Centro Social (ioga), CEIP Centieiras (educación física de base, fútbol 7 e aerobic infantil), CPI A Xunqueira (aerobic e baile moderno) e ximnasio da Casa da Cultura (judo e karate).

Tamén se celebrarán a partir do vindeiro mes de outubro diversos obradoiros de “educación física contra a fatiga oncolóxica”. O Concello de Fene é pioneiro na organización deste tipo de actividades que teñen como obxectivo fundamental tentar reducir a fatiga que acompaña ao cancro e aos seus tratamentos. O período de inscrición prolongarase neste caso dende o 12 ao 23 de setembro, nas dependencias administrativas do Departamento de Cultura, Deportes e Xuventude (Avda. Naturais, 44, entrechán dereita), en horario de 9:30h. a 13:30h.

ESCOLAS CULTURAIS

En canto ás escolas culturais municipais, a oferta para o curso 2011-2012 pasa por actividades como “Música e movemento” (Niveis de Iniciación e Formación Básica), dirixida a nenos/as de 3 a 8 anos. Esta escola, que se desenvolverá no CEIP Centieiras, está “concibida para atender, cun tratamento pedagóxico especifico, o desenvolvemento das capacidades expresivas, musicais e motrices que permitan posteriormente a elección dun instrumento ou da danza e unha práctica gozosa e convincente de ámbalas dúas actividades artísticas”.

A maiores, a Concellería de Cultura e Deportes do Concello de Fene organiza varias escolas de práctica instrumental: Solfexo e piano, na Casa da Cultura, e Guitarra, no CPI A Xunqueira de San Valentín, ademais de convocar un ano máis o tradicional Obradoiro literario.

CURSIÑOS E XORNADAS TIC

(Tecnoloxías da información e da comunicación)

Entre os meses de outubro e decembro de 2011 celebraranse no Concello de Fene diferentes cursiños e xornadas TIC:

  • . CÓMO USAR O TELÉFONO MÓBIL? (10 HORAS), dirixido a persoas maiores que teñan dificultades para manexar o teléfono móbil. Celebrarase na Aula Municipal de Informática (Fene) entre o 7 e o 16 de novembro en horario de 9:30 a 11:30 horas.
  • . AS REDES SOCIAIS (Facebook, tuenti…) E A CARA OCULTA DAS AMIZADES DOS/AS MEUS/MIÑAS FILLOS/AS (10 HORAS), dirixido a pais e nais que queiran coñecer as vantaxes e inconvenientes das redes sociais. Celebraranse dous cursos, un na Aula de Informática do CPI A Xunqueira (do 7 ao 16 de novembro en horario de 16:30 a 18:30 horas) e outro no CEIP O Ramo (do 8 ao 22 de novembro en horario de 16:30 a18:30 horas).
  • . AXUDAR AO TEU FILLO E Á TÚA FILLA: A SEGURANZA EN INTERNET (10 HORAS), dirixido a pais e nais que queiran coñecer as medidas elementais de seguranza en Internet. Celebraranse dous cursos, un na Aula de Informática do CEIP Os Casais (do 7 ao 16 de novembro en horario de 16:30 a 18:30 horas) e outro no CEIP Centieiras (do 8 ao 22 de novembro en horario de 16:30 a18:30 horas).
  • . INTRODUCCIÓN Á OFIMÁTICA – NIVEL BÁSICO (10 HORAS), dirixido a persoas maiores de 16 anos. Celebrarase na Aula Municipal de Informática (Fene) do 8 ao 22 de novembro en horario de 9:30 a11:30 horas.
  • . CÓMO CHAMAR POR TELÉFONO (CHAMADA E VÍDEO CHAMADA) UTILIZANDO INTERNET (SKYPE) (10 HORAS), dirixido a persoas maiores de 16 anos con coñecementos previos de informática (nivel informática avanzada). Celebrarase na Aula Municipal de Informática (Fene) do 13 ao 27 de decembro en horario de 10:30 a 12:30 horas)
  • . FOTOGRAFÍA E RETOQUE DIXITAL – NIVEL BÁSICO (10 HORAS), dirixido a persoas maiores de 16 anos. Celebrarase na Aula Municipal de Informática entre o 19 e o 28 de decembro en horario de 10:30 a 12:30 horas. Para este cursiño TIC, o período de matriculación abrirá o 9 de decembro.

COMEZO DAS AULAS

A incorporación dos alumnos e alumnas ás Escolas Deportivas e Culturais Municipais producirase a partir do vindeiro 1 de outubro (Escolas Deportivas) e o 17 de outubro (Escolas Culturais) no día da semana, hora e local fixado para cada actividade.

Para máis información, pódese chamar ao teléfono das dependencias administrativas do Departamento de Cultura, Deportes e Xuventude do Concello de Fene (981-340366) ou consultar a normativa xeral de matriculación na páxina web municipal (www.fenecidadan.net).

Asemade, xa están a disposición de todos/as os usuarios/as os cadernos coa información das escolas en calquera das instalacións deportivas e culturais do concello, ademais dos centros educativos.

PARA AMPLIAR A INFORMACIÓN DESCARGAR FOLLETO NO SEGUINTE URL

http://www.fenecidadan.com/mediateca/doc/Cultura_e_Deportes/LIBRO_FENE_FINAL_BO-baixa.pdf

.

No hay comentarios:

Publicar un comentario