miércoles, 28 de septiembre de 2011

O VINDEIRO LUNS ABRE O PRAZO DE MATRICULACIÓN PARA AS ESCOLAS CULTURAIS MUNICIPAIS DE FENE

As inscricións realizaranse nas dependencias administrativasdo Pavillón “A Xunqueira” de San Valentín

A matrícula nas Escolas CULTURAIS realizarase entre os días 3 e 5 de outubro (só residentes en Fene) e 6-7 de outubro (poboación en xeral). O horario de atención ao público no Pavillón Municipal “A Xunqueira” será de 9:00h a 13:30 h. (todos os días sinalados) e de 16:00 a 19:30 horas (os días 5 e 6 de outubro).. Este prazo rexe para todos os cursiños e xornadas TIC, agás o de “Fotografía e retoque dixital”.

Novas ofertas de actividades
A oferta para o curso 2011-2012 pasa por novas actividades como “Música e movemento” (Niveis de Iniciación e Formación Básica), dirixida a nenos/as de 3 a 8 anos. Esta escola, que se desenvolverá no CEIP Centieiras, está “concibida para atender, cun tratamento pedagóxico especifico, o desenvolvemento das capacidades expresivas, musicais e motrices que permitan posteriormente a elección dun instrumento ou da danza e unha práctica gozosa e convincente de ámbalas dúas actividades artísticas”.

A maiores, a Concellería de Cultura e Deportes do Concello de Fene organiza varias escolas de práctica instrumental: Solfexo e piano, na Casa da Cultura, e Guitarra, no CPI A Xunqueira de San Valentín, ademais de convocar un ano máis l Obradoiro literario.

Alfabetización dixital
Outra das novidades da convocatoria deste ano é a ampla oferta de actividades dirixidas a combater a fenda dixital a través de diferentes cursiños e obradoiros de alfabetización dixital dirixidos á poboación en xeral.

Deste xeito, entre os meses de outubro e decembro de 2011 celebraranse no Concello de Fene diferentes cursiños e xornadas TIC:

. CÓMO USAR O TELÉFONO MÓBIL? (10 HORAS), dirixido a persoas maiores que teñan dificultades para manexar o teléfono móbil. Celebrarase na Aula Municipal de Informática (Fene) entre o 7 e o 16 de novembro en horario de 9:30 a 11:30 horas.

. AS REDES SOCIAIS (Facebook, tuenti…) E A CARA OCULTA DAS AMIZADES DOS/AS MEUS/MIÑAS FILLOS/AS (10 HORAS), dirixido a pais e nais que queiran coñecer as vantaxes e inconvenientes das redes sociais. Celebraranse dous cursos, un na Aula de Informática do CPI A Xunqueira (do 7 ao 16 de novembro en horario de 16:30 a 18:30 horas) e outro no CEIP O Ramo (do 8 ao 22 de novembro en horario de 16:30 a18:30 horas).

. AXUDAR AO TEU FILLO E Á TÚA FILLA: A SEGURANZA EN INTERNET (10 HORAS), dirixido a pais e nais que queiran coñecer as medidas elementais de seguranza en Internet. Celebraranse dous cursos, un na Aula de Informática do CEIP Os Casais (do 7 ao 16 de novembro en horario de 16:30 a 18:30 horas) e outro no CEIP Centieiras (do 8 ao 22 de novembro en horario de 16:30 a18:30 horas).

. INTRODUCCIÓN Á OFIMÁTICA – NIVEL BÁSICO (10 HORAS), dirixido a persoas maiores de 16 anos. Celebrarase na Aula Municipal de Informática (Fene) do 8 ao 22 de novembro en horario de 9:30 a11:30 horas.

. CÓMO CHAMAR POR TELÉFONO (CHAMADA E VÍDEO CHAMADA) UTILIZANDO INTERNET (SKYPE) (10 HORAS), dirixido a persoas maiores de 16 anos con coñecementos previos de informática (nivel informática avanzada). Celebrarase na Aula Municipal de Informática (Fene) do 13 ao 27 de decembro en horario de 10:30 a 12:30 horas)

. FOTOGRAFÍA E RETOQUE DIXITAL – NIVEL BÁSICO (10 HORAS), dirixido a persoas maiores de 16 anos. Celebrarase na Aula Municipal de Informática entre o 19 e o 28 de decembro en horario de 10:30 a 12:30 horas. Para este cursiño TIC, o período de matriculación abrirá o 9 de decembro.

COMEZO DAS AULAS

A incorporación dos alumnos e alumnas ás Escolas Deportivas e Culturais Municipais producirase a partir do vindeiro 17 de outubro (Escolas Culturais) no día da semana, hora e local fixado para cada actividade.

Para máis información, pódese chamar ao teléfono das dependencias administrativas do Departamento de Cultura, Deportes e Xuventude do Concello de Fene (981-340366) ou consultar a normativa xeral de matriculación na páxina web municipal (www.fenecidadan.net).

Asemade, xa están a disposición de todos/as os usuarios/as os cadernos coa información das escolas en calquera das instalacións deportivas e culturais do concello, ademais dos centros educativos.

PARA AMPLIAR A INFORMACIÓN DESCARGAR FOLLETO NO SEGUINTE URL

http://www.fenecidadan.com/mediateca/doc/Cultura_e_Deportes/LIBRO_FENE_FINAL_BO-baixa.pdf

No hay comentarios:

Publicar un comentario