martes, 13 de septiembre de 2011

O 30 DE SETEMBRO REMATA O PRAZO PARA PRESENTAR ORIXINAIS AO PREMIO NACIONAL DE POESÍA “PÉREZ PARALLÉ”


Os orixinais enviaranse por triplicado exemplar, identificados con lema, ao CMI Unidade de Fene

O vindeiro venres, 30 de setembro, remata o prazo para concorrer á XXIV edición do Premio Nacional de Poesía “Xosé María Pérez Parallé” convocado polo CMI Unidade de Fene coa colaboración do Concello de Fene e a editorial “Espiral Maior”.

Os textos presentaranse por triplicado, identificados con lema ou pseudónimo, na sede do CMI Unidade de Fene, Porto do Río 21, San Paio, 15500 Fene.

O Premio Premio Nacional de Poesía “Xosé María Pérez Parallé” ten por obxectivo a promoción de novas voces, polo que para poder participar na convocatoria é requisitio imprescindible non ter publicado ningún libro individual de poesía.

Os autores e autoras participantes presentarán un libro de poesía en lingua galega, correspondéndolle ao xurado determinar se os traballos presentados poden considerarse ou non “libro”. Porén, recoméndase que os traballoa a concurso teñan unha extensión mínima de 300 versos.

O premio consistirá na edición do libro na colección de poesía “Espiral Maior” e a primeira edición constará dunha tiraxe de 800 exemplares.

A entrega do premio terá lugar o sábado 19 de novembro nun acto programado ao efecto nas instalacións do CMI Unidade de Fene.

Para consultar máis información sobre as bases e edicións anteriores do premio, http://premioperezparalle.blogaliza.org/bases/
.

No hay comentarios:

Publicar un comentario