jueves, 8 de septiembre de 2011

HORARIO DE INVERNO NA CASA DA CULTURA


O vindeiro luns, 12 de setembro, cambia o horario de apertura e atención ao público nas dependencias da Casa da Cultura, Biblioteca Municipal “Pérez Parallé” e Museo do Humor, no Concello de Fene.

Con este novo horario de inverno, a Casa da Cultura estará aberta aos veciños e veciñas de luns a venres, de 10:00 a 13:00 horas e de 16:00 a 20:50 horas.

A Biblioteca Municipal abrirá as súas portas de luns a venres en horario de tarde (de 16:00 a 20:50 horas) e os sábados polas mañás (de 10:00 a 13.00 horas).

Por último, e tamén a partir do vindeiro luns, o Museo do Humor terá un horario de luns a venres, de 16:00 a 20:50 horas. Para visitas concertadas ou de grupos a esta instalación municipal cómpre chamar ao teléfono 981-342400 ou enviar un correo electrónico ao enderezo museodohumor@fenecidadan.net

.

No hay comentarios:

Publicar un comentario