viernes, 26 de agosto de 2011

O BNG PIDE MELLORAS NO PORTO DE BARALLOBRE

Situación anterior ás obras

Situación actual das instalacións coas necesidades sinaladas.

As obras que realiza Portos de Galicia deixan varios problemas pendentes
Os nacionalistas de Fene presentaron para o seu debate en Pleno unha moción para mellorar os peiraos de Barallobre e Maniños. Na actualidade a reforma das instalacións portuarias atópanse na súa fase final. Desde o Grupo municipal do BNG, logo de recoller as queixas e suxestións de diversos colectivos e persoas que utilizan as mesmas coidamos que se deben atender as mesmas antes de que finalicen os traballos.

Por unha banda o número de amarres nos pantaláns novos é inferior ao número de embarcacións existentes na zona, entre as profesionais e as que teñen un uso de lecer, deportivo ou de pesca sen fin comercial (sétima lista). A rampla de Barallobre pasou a ser de uso privativo dos titulares dos novos pantaláns e a de Maniños mantense aberta pero cun recorte duns 35 m. co que perde calado.

As embarcacións que non teñan acceso ao novo pantalán seguirán sen contar con acceso ao calado suficiente todo o ano e ademais tampouco terán acceso á auga potábel e á electricidade.
Por outra banda nas obras construíronse dúas ramplas paralelas ao peirao, pero ambas carecen dun sistema de remolque das embarcacións, facéndose necesario algún tipo de aparello como un carro varadoiro para facilitar a subida a terra das mesmas tanto para ser arraxadas como para ser trasladadas.
Nas procesións marítimas deste verán houbo que desmontar a porta de acceso aos pantaláns, polo que se evidenciou que é necesaria unha reforma para favorecer o acceso aos mesmos nestas celebracións anuais.

Outra necesidade evidente, por razóns de seguridade, é a instalación dun valado de seguridade que evite caídas fortuítas á ribeira.

Por último dende o GM do BNG entendemos que Portos de Galicia debe axilizar o derrube e a retirada de entullos da parcela da antiga Fondo-mar, e cando menos deixalo como espazo libre en tanto non se defina que tipo de edificio e que usos se lle van a dar á mesma.
Por iso, solicitamos do Pleno da Corporación municipal a adopción dos seguintes
ACORDOS Instar ao ente público Portos de Galicia a:

1. Realizar un dragado no entorno da rampla de Maniños para obter un calado mínimo que permita o acceso ao mar todo o ano.
2. Instalar un carro de varado de embarcacións nunha das ramplas existentes e dotar á zona de auga e corrente eléctrica.
3. Derrubar as ruínas e desescombrar a parcela ocupada actualmente e polos escombros procedentes das obras de reforma dos peiraos.
4. Mellorar a accesibilidade aos pantaláns de tal xeito que se podan celebrar as procesións marítimas en condicións de seguridade.
5. Instalar o valado de seguridade na beira da zona portuaria.
6. Dotar zonas de amarre libre con acceso na rampla de barallobre.
7. Revisar as obras, antes do seu remate, cos representantes da corporación para comprobar o seguimento das melloras realizadas.
8.Dar conta aos Grupos Parlamentarios do Parlamento Galego e á Consellaría do Mar da Xunta de Galicia.
.

1 comentario:

  1. Estou abarallado coas peticions dos politicos do BNG, despois de 28 anos gobernando con maioria absoluta, pretender convencernos de que fan algo.
    Agora se acordan de poñer valados a o peirao, derribar a nave de fondomar, etc, etc..
    As procesions nin as pisan.
    As melloras e a situacion das rampas creo que foron consensuadas cos mariscadores.
    A demagoxia desta xente o di todo deles, espero que pasen moitos anos na oposicion.

    ResponderEliminar