jueves, 11 de agosto de 2011

NOTA DE PRENSA DEL PSOE DE FENE

O emprego, os servizos básicos, o mantemento do gasto social e a reducción da débeda centran a proposta do PSOE para os orzamentos municipais

O portavoz municipal do PSdeG-PSOE, Iván Puentes, defenderá mañá no Pleno as propostas que os socialistas lle fixeron chegar ao PP para incorporar ao borrador de orzamento para este ano 2011. O PSdeG-PSOE está a estudar o grao de incorporación desas propostas ao documento orzamentario e en función delo decidirá o seu voto.

Os socialistas de Fene queren que o orzamento municipal para este ano 2011, que se somete a votación no pleno extraordinario de mañá, sexa un “orzamento social”. Un presuposto centrado na creación de emprego, na reducción da débeda municipal sen restarlle servizos aos veciños e veciñas, no incremento e mellora dos sevizos sociais municipais e na extensión de servizos básicos a todas as parroquias. É dicir, un orzamento austero, pero centrado en reforzar a igualdade de oportunidades entre tódolos feneses e fenesas e a mellora da súa calidade de vida.

Infraestruturas e novos servizos

O PSdeG-PSOE solicítalle ao Goberno Municipal que os orzamentos de 2011 inclúan unha partida de 45.000 € coa que presionar á Xunta de Galicia para que constrúa dunha vez por todas a auga de Magalofes e o alcantarillado e auga de San Marcos e da parte alta de Sillobre. Ademais de incuír as partidas precisas que garantan a execución dos plans da Deputación aprobados polo anterior Goberno Socialista, que destinan máis de 2 millóns de euros a obras de auga, alcantarillado e pavimento de camiños en todas as parroquias de Fene.

O Grupo Municipal Socialista esixe tamén que o PP se comprometa a executar determinadas infraestruturas iniciadas polo PSOE na súa etapa de Goberno, como o paso peonil baixo a vía do tren na Estación de Perlío e o elevado no Cruceiro, a senda marítima de San Valentína Mugardos e a ampliación de Vilar do Colo, actuacións financiadas íntegramente polo Goberno de España. Tamén se solicita que se lle dea continuidade á pista de Free-Style en San Valentín, o remate da rehabilitación da Casa de Cela, no parque Castelao, para destinala a diversos servizos municipais ou o novo alumeado da Praza da Escola de Perlío, obras que se finanacian con sendos convenios asinados entre os anteriores gobernos de Fene e da Deputación da Coruña.

Por último, neste apartado, escoitando as demandas de numerosos veciños e comerciantes, os socialistas defenden nas súas propostas ao orzamento municipal que se continúe coa política de reordenación do tráfico e creación de novas áreas de aparcamento no casco urbano, ademais de seguir cos traballos de elaboración do novos Plan Xeral de Ordenación Municipal.

Emprego e Servizos Sociais

A formación para o emprego desde o concello e a axuda á creación de postos de traballo en Fene, con partidas especificas do orzamento que se destinen a tal fin é outro dos aspectos fundamentais para os socialistas de Fene. En palabras de Iván Puentes, “un orzamento ten que ser unha ferramenta útil para os veciños e veciñas e o mellor que pode facer o concello nestes momentos por eles, ademais de darlles servizos, é axudarlles na busca de emprego”.

Tamén os socialistas lle piden aos populares que se incremente o número de persoas dependentes atendidas polos servizos socias municipais, prestándolles de modo efectivo os dereitos que lles recoñece a lei de dependencia. Ademais, o PSdeG-PSOE demanda que se poña en marcha canto antes a nova sede dos servizos sociais municipais, construída polo anterior goberno de Fene nos baixos do Boloque 1 de San Valentín e que se incorporen ao concello os baixos do Bloque 10 do mesmo barrio, cedidos polos veciños e veciñas para destinalos a uso social.

Por último, o Grupo Socialista considera importante explorar a vía de conveniar cos concellos de Ares e Mugardos o centro de día de Mariña do Pombal (Caamouco) para poder ofertarlle nel prazas aos dependentes de Fene mentres a Xunta de Galicia no constrúa o centro de día de Fene. E tamén piden os socialistas que se habilite na vivenda da antiga escola do Souto Grande (Barallobre) unha vivenda de emerxencia de tempo limitado para familias feneses que queden sen fogar.

Débeda e Saneamento das Contas Municipais

Para os socialistas é fundamental seguir coa política de reducción da débeda do anterior goberno municipal, xa que, como indica Iván Puentes, “só tendo un concello saneado economicamente poderemos seguir prestándolle servizos aos veciños e veciñas no futuro”.

Con respecto á débeda bancaria, que o PSOE nos seus catro anos de goberno xa consegiu reducir en case un millón de euros, os socialistas queren destinar unha partida especifíca para amortizar máis débeda da esixida e acelerar así a cancelación dos créditos pendentes.

Polo que se refire á débeda a provedores, da que practicamente só quedan facturas pendentes do último ano, logo de que o Goberno do PSOE pagara en anteriores exercizos case tódalas facturas pendentes de anos pasados, os socialistas piden que o Goberno de Fene solicite os case 500.000 €. que pode pedir Fene con cargo ás liñas do ICO (Instituto de Crédito Oficial) habilitadas recentemente polo Goberno de España para o pago a provedores dos concellos. Así, o Concello de Fene podería saldar case toda a débeda a provedores que ten actualmente, quedarían tan só pendentes uns 100.000 € que se poderían abonar nuns meses cos propios remanentes do orzamento.


Finalmente, o PSdeG-PSOE pídelle ao PP que cubra as dúas novas prazas de policía local creadas polo anterior goberno, de tal xeito que, logo do incremento de plantilla impulsado polo PSOE nos últimos catro anos, cheguemos xa por fin ao obxectivo de ter un axente por cada mil habitantes, tal e como establece a lei, que permitirá mellorar o servizo que a Policía Local lle presta aos veciños e veciñas e poñer en marcha novas iniciativas como o servizo nocturno.

Xa fóra do estrictamente orzamentario, Iván Puentes tamén lle pide ao PP de Fene “contundencia e firmeza coa Xunta de Galicia” para evitar o peche de colexios e a reducción de profesorado e especialidades nos centros de ensino público do concello, prevista polo Goberno do PP en Galicia.

Mañá venres o PSdeG-PSOE analizará o grao de adecuación do borrador de orzamento presentado polo PP ás propostas elaboradas polos socialistas e en función diso decidirá o seu voto no pleno extraordinario convocado para as 14:15 horas.
.

3 comentarios:

  1. Estoy alucinando, pero todo eso ya estaba en el programa del Psoe del año 2007, este señor no tiene memoria historica,pasaron cuatro años gobernando solos y en coalicion con el Bng, no hicieron nada de nada y ahora quieren que se haga todo en dos meses que llevan en el gobierno el PP.Primero sera arreglar el desaguisado en que se encuentra el Concello y despues el resto.Ivan, Ivan....cinco , seis, etc

    ResponderEliminar
  2. O qie hay que ver e oir. Non existiron dous anos de bipartido e dous de goberno en solitario. Que cara, pedir o que non se fixo en catro anos ahora pidenllo o PP. E quen vai pagar toda a debeda que deixades, mais de cen millóns de pesetas os proveedores e tres millons de euros os bancos. Que cara.

    ResponderEliminar
  3. Para chorar. Vaia cara.

    ResponderEliminar