A xornada, organizada pola Concellería de Deportes do Concello de Fene, desenvolverase na Avenida do Tarrío e nos arredores do CEIP Centieiras, entre as 11:00 horas e as 13:30 horas. Entre as actividades programadas salientan os inchables, bicicletas lunares, zorb en tobogán, xogos infantís, tiro con arco, baloncesto en cadeira de rodas, baloncesto 3 x 3, fútbol sala, voleibol, bádminton, esgrima, pintadas, obradoiros de enredos, obradoiros de chaveiros, chave, xogos tradicionais, deporte rural, atletismo, tenis de mesa, dardos,…
Dende a organización lémbrase que o vindeiro domingo pecharase ao tráfico e prohibirase o aparcadoiro na Avenida do Tarrío , dende a Jorge Juan ata o Centro de Saúde (dende as 7:00 horas ata o remate da actividade). No caso de mal tempo, as actividades trasladaranse ao pavillón A Xunqueira.
O XIX Día do Deporte na rúa está organizado pola Comisión de Cultura, Deportes e Xuventude do Concello de Fene. Colaboran Amigos da Chave de Ferrolterra, Coca Cola, CEIP Centieiras, Asociación de veciños/as de Perlío, CMI Unidade de Fene, Basketmi, SEDEGA e Galicia de Caranza. Sección carreiras de orientación.
.
No hay comentarios:
Publicar un comentario