miércoles, 29 de junio de 2011
XIX DÍA DO DEPORTE NA RÚA
Inchables, bicicletas lunares, zorb en tobogán, xogos infantís, tiro con arco, baloncesto en cadeira de rodas, baloncesto 3 x 3, fútbol sala, voleibol, bádminton, esgrima, pintadas, obradoiros de enredos, obradoiros de chaveiros, chave, xogos tradicionais, deporte rural, atletismo, tenis de mesa, dardos,… Son algunhas das propostas que a Concellería de Deportes do Concello de Fene anuncia paro vindeiro domingo, 3 de xullo, durante a celebración do XIX Día do Deporte na Rúa.
As actividades desenvolverase na Avenida do Tarrío e nos arredores do CEIP Centieiras, entre as 11:00 horas e as 13:30 horas. No caso de mal tempo, trasladaranse ao pavillón da Xunqueira, en San Valentín. Dende a organización lémbrase que o vindeiro domingo pecharase ao tráfico e prohibirase o aparcadoiro na Avenida do Tarrío , dende a Jorge Juan ata o Centro de Saúde (dende as 7:00 horas ata o remate da actividade).
O XIX Día do Deporte na rúa está organizado pola Comisión de Cultura, Deportes e Xuventude do Concello de Fene. Colaboran Amigos da Chave de Ferrolterra, Coca Cola, CEIP Centieiras, Asociación de veciños/as de Perlío, CMI Unidade de Fene, Basketmi, SEDEGA e Galicia de Caranza. Sección carreiras de orientación.
.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario