A Exposición “Ondas de irmandade” amosarase na Sala de Exposicións da Casa da Cultura de Fene dende o 17 ao 27 de xuño. Na xornada inaugural, o venres 17 de xuño, ás 20 horas, proxectarase no Salón de Actos o Audiovisual “Ondas de irmandade”.
“Ondas de irmandade” é unha iniciativa da asociación “8 mares” coa colaboración do Concello de Fene. Esta mostra preséntase como unha “homenaxe a unha xeración valente e creativa que, partindo das artes tradicionais, participou activamente na revolución tecnolóxica que levou a pesca á era industrial”.
“Ondas de irmandade” recolle documentación, maquetas, cancións, fotos, vídeos, documentais, esculturas, libros…, pero tamén memoria oral, lembranza, homenaxe e coñecemento.
.
No hay comentarios:
Publicar un comentario