
Manuel Polo (3), Inés Roca (4), Juventino Trigo (1), Xusto Martínez Ardá (5)
e Rita Couto (2).
A asemblea local do BNG toma a decisión de presentar o seu propio candidato e non apoiar a ningún outro
Os cinco concelleiros/as acadados polo BNG nas pasadas eleccións do 22 de maio proporán a investidura do seu propio candidato á alcaldía, Juventino Trigo, e buscarán o apoio das demais forzas para esta fin. Unha vez analizados os resultados electorais, nos que o BNG mantivo a súa representación e aumentou a porcentaxe de voto e o Partido Socialista perdeu 8 puntos e 2 concelleiros, o empate a 5 coloca ao BNG nunha posición de responsabilidade para presentar a súa candidatura. Unha candidatura que é a única con capacidade para liderar un goberno alternativo ao do Partido Popular.
Así o decidiu a Asemblea Local reunida este venres 3 de xuño. Unha asemblea na que destacou a participación –acudiron unhas oitenta persoas- e a postura case unánime de non apoiar ningún tipo de pacto co PSOE, dado que este foi o partido claramente perdedor das pasadas eleccións, baixando a súa representación en 2 concelleiros, perdendo máis de 800 votos e recibindo o castigo da veciñanza despois dun goberno inactivo, distante e alonxado da cidadanía.
Canto ao Partido Popular, que acadou 6 concelleiros/as, conta cun programa de goberno que foi ocultado durante a campaña e que vai conlevar o peche de tres colexios públicos (Os Casais, Limodre e Sillobre) e do centro de saúde de Maniños, así como a implantación de políticas de dereitas e totalmente contrarias ás políticas sociais e para as persoas que definen ao BNG.
O BNG, pola súa parte, conta cun equipo moi capacitado para gobernar e cun programa de goberno claro e definido, elaborado coa colaboración de todo o tecido asociativo de Fene. Un proxecto de futuro e ilusionante que, por decisión de militantes e simpatizantes do BNG, será presentado ás demais forzas políticas como proposta de goberno para o Concello nos vindeiros catro anos.
Unha proposta que, de saír adiante, traducirase nun goberno baseado no diálogo e no consenso con todas as forzas, tal e como nos ten marcado a cidadanía cos resultados electorais do pasado 22 de maio.
.
Según la Ley Electoral si un candidato no logra la mayoría absoluta del Pleno, el cabeza de lista de la formación política con más votos de los ciudadanos será designado alcalde. De esta manera el PP con Gumersindo será alcalde de Fene.
ResponderEliminarNos vos preocupedes por Puesntes,que vai ir "colocado" cunha teniente alcaldía que leva aparellada unha dedicación exclusiva de 2.400 euros. Xa veredes outra vez bipartito pero cambiando posicios....
ResponderEliminarEsta a sair o que sempre dixen, o Ivan conseguira que mande o PP.
ResponderEliminarTanto BNG como PSOE so lles importa estar a gobernar e darse a veer, o pobo lles traemos sen coidado ningun. A culpa de que non haia un goberno de esquerdas en este concello e dos dous grupos politicos, por non esquecer os problemas do pasado. Vamos ter unha dereita dura nesta lexislatura. Non volverei votar nin PSOE nin BNG no 2015 como votante de esquerdas que son, ira para EU, parece ser que e a unica organizacion seria de esquerdas que temos en Fene. Grazas señores do PSOE e do BNG por permitir gobernar a dereita despois de 32 anos! GRAZAAS!!
ResponderEliminarO que hai é moito enfermo.Que carallo gobernos de esquerdas e dereitas nun goberno municipal.
ResponderEliminarVaite mirar compañeiro,porque asfaltar camiños e poñer farolas pouco ten de neoliberalismo.
Axitas a bandeira do medo para manter aos amiguetes no poder chupando unha boa paga.
O PSOE tivo a sua oportunidade,o BNG tamén e agora que probe o PP.
Que traballen polo pobo,e non como o PSOE de FEne,que cando tiña que falar de Astano,falaba por boca de Madrid,e así está o estaleiro,e así están os xovenes de FEne,marchando ao quinto carallo.
!! Coño¡¡ Xa sabemos de que lado Ë o admistrador. Pa min non deberia tomar parte por naide.
ResponderEliminarDe todos modos o BNG tamen se esta lucindo, cada ves faino pior.
Lo de gobierno de izquierdas lo dice Ivan Puentes ya que lo único que quiere es seguir "teniendo sueldo", al final la política no la decide el alcalde sino el presupuesto municipal.
ResponderEliminarSi PSOE y BNG quieren que se apliquen políticas de izquierdas pueden ponerse de acuerdo desde la oposición y aprobar presupuestos que condicionen políticas " de izquierdas", no sólo se trabaja desde la alcaldía, si quieren pueden trabajar desde la oposición.
Hay que recordarle a Iván Puentes que lleva años, muchos años, rajando del BNG de Fene, criticándolos siempre, cuando estaba en la oposición y cuando compartía gobierno con ellos, me parece lógica la postura del BNG y seguro que esta decisión se verá recompensada con más votos dentro de 4 años.
Ivan Puentes tuvo su oportunidad y creo que defraudo a mucha gente.
Además, si esto fuesen listas abiertas el candidato del PP sería alcalde directamente.
NOTICIA DE GALICIA ARTABRA
ResponderEliminarIvan Puentes preocupado por la alcaldía de Fene
Como venimos informando la formación del grupo de gobierno en el Concello de Fene está muy en el aire sobre todo después de los acuerdos adoptados en la asamblea de afliados del BNG.
Esa preocupación lleva a Ivan Puentes, alcalde socialista, en funciones, en el Concello fenés a estar muy preocupado como se expresa en su página de facebook.
“Hove tivemos -señala en la página-xuntanza co BNG e comunicáronnos que no pleno de elección de alcalde non apoiarán a ningún candidato salvo o seu, é dicir, que lle daran a alcaldía ao PP. Seguiremos falando a semana que ven a ver se entran en razón e podemos chegar a un acordo entre a esquerda“
Está claro que o BNG sempre ten a culpa de todo, faga o que faga. Se apoia a Puentes, é un vendido, se non o apoia, a culpa de que o goberne o PP en Fene é do BNG e non do PSOE, nin das 2.500 persoas que votaron PP nas pasadas eleccións. En fin, non pasa nada, os do BNG teñen lombo para iso e moito máis. O terremoto de Xapón seguro que tamén foi culpa do BNG.
ResponderEliminarGoberno de esquerdas? Quen é de esquerdas? O PSOE? En fin, se o PSOE é de esquerdas hoxe en día... O Bloque fai ben, que o apoien aos do PSOE a el se queren, e se non, que traguen PP, que é o que quixo a cidadanía non??
ResponderEliminarA xente que critica que o BNG non apoie ao PSOE faino precisamente porque é do PSOE, a xente que votamos BNG o fixemos porque non queriamos ver a Iván de novo de alcalde e paréceme normal que non se pacte cunha xente prepotente que ata o último día fan gala desa prepotencia e falta de diálogo cando nomean os tribunais que nomearon para as prazas de personal do Concello. ATA SEMPRE IVÁN!
ResponderEliminarUltima hora, atopan probas de que o BNG está detrás do tema dos Pepinos! Xa o sabía eu que tiña que ser culpa deles...
ResponderEliminarSon votante do BNG, e quero que fagan pacto, antes dun goberno de dereitas en minoría. Eso si, sempre que non sexa alcalde Ivan, senón Juventino.
ResponderEliminarA maior parte dos votantes do BNG non votaron para que sairan elixidos os mesmos que fixeron imposible o pacto PSOE-BNG na anterior lexislatura.
ResponderEliminarAdemais diso, se o PP goberna en Fene a única responsabilidade será da mala xestión de Iván e compañía, ou dos votantes que quixeron que fose así.
Se se reeditara o bipartito sería unha hipocresía e incoherencia por parte dos dous partidos xa que sería cometer os mesmos erros do pasado e contradicirse coas campañas que fixeron. O único que está actuando con coherencia está a ser o BNG.
O resto, verémolo o día 11.
eu
ResponderEliminarPENSO QUE SE DEBERIA INTENTAR CHEGAR A UN ACORDO ENTRE O BNG E O PSOE, AINDA QUE SEXA REPARTINDOSE A ALCALDIA,O CAL PODERIA PARECER UNHA HIPOTESIS, PERO OS OBLIGARIA A TRABALLAR UNIDOS E TERIAN QUE SER CONSCINTES DA SUA XESTION, TRABALLANDO POR E PARA FENE. DE NOS SER ASI DENTRO DE CATROA ANOS ASISTIREMOS EN FENE A UNHA MAIORIA ABSOLUTA DO PP. POR FAVOR NON DEIXEN OS SEUS VOTANTES TIRADOS NO CHAN E TRABALLEN UNIDOS PARA OS VECIÑOS E VECIÑAS DE FENE
ResponderEliminarVaya, cuánto miedo hay ! a modo de ejemplo de este miedo el anterior comentario dice "DE NOS SER ASI DENTRO DE CATROA ANOS ASISTIREMOS EN FENE A UNHA MAIORIA ABSOLUTA DO PP". Entonces esto qué quiere decir? que si gobernase el PP lo haría tan bien que obtendría luego mayoría absoluta? pues lo que subyace en ese comentario es que sí. Eso sí, estoy convencido que BNG y PSOE GOBERNARÁN JUNTOS AL FINAL, YA QUE SE JUEGAN MUCHO: SALARIOS, ETC
ResponderEliminarpsoe y bng TODO POLA PASTA !!! E POR FENE NADA CARALLO!!
ResponderEliminarPero non vos dades de conta de que a maioría absoluta para o PP dentro de catro anos será si o BNG apoia ao PSOE? Con que cara o BNG nos conta aos seus votantes que os seus votos foron para Iván? Xa está ben de pensar que votar ao BNG e ao PSOE é o mesmo (sobre todo en Fene). 2500 personas quixeron que gobernase o PP, os que quedaron na casa e pensaban que BNG e PSOE se ían xuntar "por decreto" aí teñen as consecuencias.
ResponderEliminarEso eso, todo pola pasta!! O BNG pide a alcaldía pola pasta! O PSOE tamén! O PP faino por Fene!!!
ResponderEliminarO único que vive da política na corporación de Fene, que eu saiba, é Iván Puentes, o resto se meten porque queren, e para min é admirable en todos os casos, porque o que teñen que aguantar........
ResponderEliminarFixose alcalde,coche novo,casase....pero non ten ningún traballo,é máis,nunca traballou xa que fixo prácticas na tvg,pero nunca traballou.
ResponderEliminarE no Bng tamén teñen varios parados aos cales lles veñen ben os cartos,por iso vanse arrexuntar,non por ideoloxía,non sexades parvos,que vos toman por tontos.
A ideoloxía empregano como coartada,e queda moi ben,esuqredas-dereitas traballar polos veciños é secundario.Esa é a pobreza desta democracia,e así vaínos lucir o pelo.
¿Y que piensa IU? A mi modo de entender su única concejala moralmente tiene mucho que decir, si apoyasen al BNG (puesto que yo creo que su subida en votos se debe a gente cabreada con el actual alcalde) de los 11 concejales de la izquierda habría una mayoría BNG-IU y el PSOE debería apoyarla, además creo que sería muy bueno su trabajo en el gobierno municipal aportando una visión de auténtica izquierda.
ResponderEliminarA MAIORIA ABSOLUTA DO PP DENTRO DE CATRO ANOS NON VAI A SER POLO VEN QUE O POIDAN FACER,AINDA QUE O TERIAN VEN FACIL, POIS GOBERNARAN EN XUNTA, DEPUTACION E MAIS QUE PROBABLE NO GOBERNO CENTRAL,PERO VENDO DETIDAMENTE A CANDIDATURA TEÑO A MIÑAS DUDAS. O PROBLEMA ESTARA EN QUE OS VOTANTES DE ESQUERDAS NO LLO PERDONARAN NI A O BNG, NIN A O PSOE.
ResponderEliminarIVÁN & COMPANY TIVERON XUNTA, DEPUTACIÓN E GOBERNO CENTRAL DA MESMA COR E O ÚNICO QUE FIXERON FOI PUTEAR AO BNG E Á XENTE AFÍN A ELES. LÓXICO QUE NON OS APOIEN COMO ALCALDE! A MIN ESTA DECISIÓN ACABAME DE DEVOLVER A CONFIANZA NELES, BRAVO!
ResponderEliminarEntre os 5 concelleiros/as electos do BNG non hai ningún no paro (afortunadamente), pero si o houbese, sería normal, pois por desgracia, representaría a un amplo sector da poboación. Pero o caso é que se de verdade credes que os políticos locais (todos/as do partido que sexan) se meten neste lío por cartos, é que non tedes moita idea do que supón. Nada máis.
ResponderEliminarAcordo BNG-IU para darlle a alcaldía aos segundos, proxecto frustrado pola fame do psoe.
ResponderEliminar