sábado, 25 de junio de 2011

Iván Puentes califica de oportunidade histórica para Fene a inauguración da Base de Salvamento Marítimo en Vilar do Colo

O portavoz municipal do PSdeG-PSOE destacou a “exitosa colaboración entre o Ministro de Fomento e o anterior goberno socialista de Fene, que fixo posible ubicar no noso concello a maior base de salvamento de España.”

Tal e como prometeran hai pouco máis dun ano aos veciños e veciñas de Fene e cumprindo escrupulosamente os prazos previstos, José Blanco e Iván Puentes estreitarónse de novo as mans esta mañán no Polígono Industrial de Vilar do Colo para celebrar a posta en marcha da Base Estratéxica de Salvamento e Loita contra a Contaminación Mariña.

Así, o Ministerio de Fomento ubica en Fene a maior das seis bases deste tipo coas que conta España, ademais da máis avanzada tecnolóxicamente. Unha decisión persoal de José Blanco que para Iván Puentes, portavoz municpal do PSdeG-PSOE, supón “unha oportunidade histórica para Fene, pola actividade económica directa e indirecta que xerará e por poñer ao noso concello no mapa das infraestruturas estratéxicas do estado.”

Ademais, os socialistas de Fene cren que a Base de Salvamento Marítimo dinamizará definitivamente o polígono industrial de Vilar do Colo, consolidándoo como motor industrial do municipio. Un parque empresarial que o Ministerio de Fomento ten previsto ampliar, duplicando a súa superficie actual, tal e como se recolle no convenio asinado o pasado mes de marzo entre José Blanco e Iván Puentes.

Por último, Iván Puentes agradeceu a extraordinaria colaboración de José Blanco con Fene que, ademais de nesta Base ou na ampliación de Vilar do Colo, se concreta na cesión de terreos para a futura senda marítima, na renovación do peche perimetral do ferrocarril ou na construcción do paso soterrado da Estación e o elevado do Cruceiro para salvar a vía do tren e comunicar a zona urbana do Concello, cuxas obras comezarán á volta do verán. Todas elas actuacións acordadas polo Goberno de Iván Puentes co Ministro de Fomento.
.

6 comentarios:

  1. ¿Este home que pensa que sigue sendo o alcalde ou esta preparándose para as eleccions a o parlamento de España?
    Esta base non e nada operativa pois cando falla falta hay que facer un operativo de transporte en camions hacia un peirao, por iso o mais loxico e que seguirá onde estaba na nave de Imenosa, ademais non incrementou o persoal nin nada de nada o resto que nos vende e fume

    ResponderEliminar
  2. !!Por iso esta feita o lado da autopista¡¡ ¿Ou non te decatache diso?

    ResponderEliminar
  3. A base xa se acordou facer cando aznar. 7 anos tardoue o concello en nada influeu

    ResponderEliminar
  4. Un pouco de rigor, rajade o que vos pete, pero polo menos que sexa dicindo verdades. Na época de Aznar, para lavarse a cara logo da vergoña do Prestige, o Goberno dixo que ía facer unha rede de bases de Salavmento Marítimo, pero non fixeron nada máis. Xa con Zapatero, decidiuse que Fene sería unha boa ubicación, pero a chegada de Pepe Blanco ao Ministerio pouco máis se fixo. Foi con Blanco de Ministro e con Puentes de Alcalde, logo dunha visita a Fene, cando se lle deu o empuxón, se contrataron as obras e se fixo a base. O Ministerio pagouna e contratouna, pero o Concello xestionou os terreos de tres parcelas en Vilar do Colo, resolveu varios problemas urbanísticos e tramitou os correspondentes permisos.

    Qué lamentable que non sexades capaces nin de valorar boas noticias para o Concello como esta. Bueno, claro está que o BNG xa fixo bastante o ridículo hai uns anos cando declarou a Blanco persona non grata en Fene, sendo con diferencia o político que máis cartos investiu no noso concello. En fin, con esa carraxe están onde están, xa de penúltima forza política de Fene, ja ja ja...

    ResponderEliminar
  5. Parece que estás un pouco resabíado rapaz.
    Non fixeches un bo traballo,é como dixo o outro pasoú o que pasoú.

    ResponderEliminar
  6. OPORTUNIDADE HISTÓRICA! Si señor, 15 postos de traballo cambiados de sitio, que non de nova creación! Esta xente xa na oposición e seguen a buscar ocos co único amigo que lles vai quedando, é un pouco pueblerino eso de andar correndo para sair na foto co ministro, lémbranme ás reverencias do ministro Piqué ao señor Bush, unha pailanada!
    O nomeamento do señor Blanco como persoa non grata foi por maioría do Pleno da corporación e foi xunto a Zapatero por non facer ABSOLUTAMENTE NADA durante a presidencia da UE con ASTANO e con esa "carraxe" pasou de estar a 800 votos da primeira forza a 400!
    Seguides a pensar que o pobo é parvo e cego e non soubo valorar as "marabillas e bondades" do goberno socialista de Fene...

    ResponderEliminar