Lugar: Paseo Maritimo de San Valentín - Fene
O domingo día19 de xuño o C.P.S. San Valentín acollerá, desde ás 12.00 horas, unha xornada interxeracional onde a veciñanza poderá pasar o día xunta, retomando o ambiente das antigas romarías.
Con esta xornada preténdese unha convivencia interxeracional onde nenos/as e maiores/as aprendan e se enriquezan mutuamente no seo da súa comunidade.
A convivencia entre diferentes xeracións e a sucesión de actividades serán a clave desta romaría aberta a todas as familias e persoas da vila, na que viviremos un ambiente festivo e familiar.
Actividade desenvolvida ao abeiro do Programa de evellecemento activo. Coa participación do grupo de mediación xuvenil do Concello de Fene.
A coordinadora desta iniciativa é a pedagoga municipal, Mª José Paz Rodríguez, sendo AtalaiA.Social a empresa que se encargará da materialización do programa.
ACTIVIDADES E ACTUACIÓNS:
- Partido fútbol (CPS San Valentín vs. S.D.R Neda; equipo biberóns).
- Xogos tradicionais (XOTRAMU- Xogos Tradicionais Muimenta).
- Chave (Equipos CPS San Valentín e Lúa Nova pertencentes ao Clube
- de Amigos da Chave de Ferrolterra).
- Cantareiras de “Airiños de Fene” .
- Xogos populares e de auga.
- Xincana familiar “SANVA EXPRESS” (por parellas -persoa adulta e
- neno/a ou adolescente- previa inscrición).
- Rondalla “Perla del Río” da AA.VV de Perlio.
- Quinteto Ponticello (Sabela Hughes - violín 1º, Brenda Anidos- violín 2º,
- Saúl García- viola, Andrea Trillo- violoncello e Laura Garrido- contrabaixo).
- Coral do CPS San Valentín.
- Entrega de diplomas ás persoas participantes do programa Tardes Activas.
- Pilates (CPS San Valentín).
- Malabares (Circusfusión).
- Construción de malabares (Grupo Mediación Xuvenil).
- Chapas (ASPANEPS).
- Concurso foto orixinal “CONVIVO EN FENE” (Grupo Mediación Xuvenil).
- Velas con ceras naturais (Julio López).
- Risoterapia (Risoadas).
- Exposición Envellecemento Satisfactorio - Tardes Activas.
- Exposición Grupo de Mediación Xuvenil.
- Exposición e venda de encadernación (ASPANEPS).
AO MEDIODÍA...leva o xantar e come en familia.
CONVIVE con nós isto e moito máis...VÉMONOS!!!
.
No hay comentarios:
Publicar un comentario