Na Piscina Municipal de Centieiras clausúranse mañá sábado, de 16.30 h ás 19.30 h as escolas deportivas municipais infantís da piscina nunha festa acúatica con exhibicións do alumnado e entrega de diplomas. A xornada desenvolverase de acordo co seguinte programa:
- De 16:30 a 17:00 horas: entrega de diplomas ao alumnado de natación primeira infancia.
- De 17:00 a 18:00 horas: exhibición das habilidades adquiridas durante o curso e festa acuática.
- De 18:00 a 18:30 horas: entrega de diplomas ao alumnado das escolas de natación infantil.
- De 18:30 a 19:30 horas: exhibición das habilidades adquiridas durante o curso e festa acuática.
No hay comentarios:
Publicar un comentario