É unha das actividades fundamentais para acadar os nosos obxectivos e terá lugar o sábado día 11 de xuño, no CPI do Feal (Narón).
Tes varias opcións de participación:
- Asistir á cea, ás 21:30 h. (prezo 30 €) , ou ben
- Asistir á festa que comezará a partir das 23:00 horas. A entrada custa 6 € con dereito a unha consumición no bar que teremos instalado. Para amenizar a festa contaremos coa colaboración do Grupo Jockeys.
Se non podes asistir e queres colaborar con este proxecto, podes apoiar este acto aportando a cantidade que estimes oportuna a través da nosa conta bancaria, indicando como referencia “Mesa Cero” :
Caixa Galicia: 2091-0235-51-3040001240
La Caixa: 2100-1831-33-0200092185
Os bonos-entrada podes recollelos no local de LENA (Praza de Galicia–Casa da Cultura, 2º andar) martes e xoves de 19:00 a 21:00 horas, ou a través de calquera membr@ da Directiva. A data límite para confirmar a túa asistencia á cea será o xoves 9 de xuño.
Para calquera consulta podes poñerte en contacto connosco telefonicamente (981397005-626165174) ou mediante o correo electrónico: onglena@onglena.org
Esta será a sétima edición, e esperamos acadar tanta participación coma nas anteriores.
NON FALTES, invita aos teus amigos, familiares…. Agardámoste.
.
No hay comentarios:
Publicar un comentario