viernes, 17 de junio de 2011

Carta aberta á sociedade: de Juventino Trigo


Cada día estou máis sorprendido, e ao mesmo tempo, máis contrariado.

Na miña presentación como candidato a alcaldía de Fene, o pasado 11 de marzo, dixen que un dos motivos que me levaron a presentarme a estas eleccións era que estaba farto dos políticos que din unha cousa e logo fan outra.

Durante a campaña electoral, sempre que se nos preguntou sobre posibles pactos, fomos cautos, e fixemos saber que a nosa decisión estaba moi condicionada polo modelo de traballo do PSOE de Fene ao longo dos catro anos que acababan de pasar. A pesar diso, os nosos militantes/simpatizantes, e os veciños e veciñas de Fene serían fundamentais na nosa decisión.

Pasadas as eleccións, o resultado está aí. Gran parte do pobo de Fene deulle as costas ao alcalde e o seu goberno avaliando moi negativamente o traballo realizado durante o mandato.

Dende que fixemos a Asemblea Local da que derivou o acordo, comunicamos publicamente que íamos presentar a nosa propia candidatura á alcaldía.

Esa información trasladóuselle ao resto dos grupos, e fíxose pública na prensa, redes sociais, blog, etc. Mantivéronse reunións e negociouse con todos os partidos. As posturas non se achegaron. Baralláronse varias alternativas, pero non foi posible o acordo. O PSOE quería a alcaldía ou nada.

Agora, algunhas persoas sorpréndense porque cumprimos a nosa palabra; tanto os que nos apoian e felicitan efusivamente coma os que se “escandalizan”. ¡Xa ninguén cre nos políticos! Parécelles incríbel que algúns políticos cumpramos o que dicimos. Pero como afirmamos durante toda a campaña, ¡non todos somos iguais!

O peor de todo é a actitude de quen perde as eleccións. A culpa é de todos menos deles.

Autocrítica e sinceridade, son dous elementos imprescindíbeis para avanzar en todas as facetas da vida, tamén na política e no persoal. Aprender iso é mellor que calquera resultado electoral.

O ex-alcalde de Fene, coa súa actitude caprichosa, demostra que aínda non entendeu a mensaxe que lle deu o pobo de Fene. O mesmo pobo que quixo a Pepe Rivera 28 anos quedou farto de Ivan Puentes en 4. No BNG estamos co pobo.


Juventino Trigo
Candidato a Alcaldía de Fene polo BNG
Venres, 17 de xuño de 2011
.

6 comentarios:

  1. Se puede decir más alto, pero no más claro. ¡¡Bravo!!

    ResponderEliminar
  2. Pero porque di este Señor "os que perderon as eleccións" terá qeu dicir "os que PERDIMOS as eleccións" que o Bng se empece a dar conta que non fumos os únicos, eles tamés as perderon.

    ResponderEliminar
  3. A esquerda en FEne, toda ela atuaron como se di como o can do labrego.
    Nin comen nin deixan comer

    ResponderEliminar
  4. .......Juventino, non votas ben as contas, verás rapaz, esixirlle a un Alcalde que goberna 4 anos o mesmo que a un que vota 28, non é moi proporcional. Deses 4 anos,3 estuveron pactados con vosoutros e mantuveron a vosa xente de confianza nos postos que estaban, no último ano que gobernaron solos seguiron mantendo a xente de confianza do BNG nos postos que estaban. Ou sexa que o BNG sempre estuvo presente e ben informado do que acontecia no Concello, ou non?.
    Perder unhas eleccións nón é un delito nin unha vergonza, estamos nun sistema demócrata donde o pobo soberano "cambia os seus executivos" cando consideran que ten que ser así, o sistema que vostede entende chamase de outro xeito ben distinto da "democracia", chamase "clientelismo".........
    Un saludo Sr. Juventino.

    ResponderEliminar
  5. Anónimo, estás mal informado. Houbo 2 anos (case xustos) e non 3 de cogoberno (PSOE-BNG). O que si é certo é que o BNG sempre estivo informado do que acontece no Concello, tanto no goberno como na oposición, porque é o que ten que facer e o seguirá a facer sempre, e precisamente por iso pode tomar decisións con argumentos. E tamén é certo que perder as eleccións non é ningún delito nin vergoña, pero o que si implica é unha responsabilidade coa cidadanía. Clientelismo sería o do BNG se apoiase a un goberno ao que a cidadanía castigou nas urnas. Moitas grazas.

    ResponderEliminar
  6. Dame a min que os cidadans, non estan, nada contentos co que fixeron os da esquerda.
    Senon o creedes, falade ca xente xa veredes como é asi.
    Falando diso de falar coa xente ¿sabedes como Pepe chegou a alcalde pois asi? !!Movendose, e visitando a xente polas casas ou onde fose¡¡

    ResponderEliminar