martes, 10 de mayo de 2011
O Concello premia aos gañadores do III Concurso de Microrrelatos de Fene
O alcalde de Fene Iván Puentes e a Concelleira de Cultura Carmen Silvar entregaron esta mañá os premios aos gañadores do terceiro Concurso de Microrrelatos do Concello de Fene, que organiza a Concelleria de Cultura e Deportes. Na categoría de quinto e sexto de Primaria gañou Javier Caínzos Seco de quinto de primaria do colexio da Xunqueira de San Valentín co relato “María Primavera de Casanova”. Na categoría de primeiro e de segundo de ESO venceu o texto de Iván Pico Ferro de primeiro de ESO da Xunqueira co seu relato titulado “Parque do Pallaso”.
Na categoría de terceiro e cuarto de ESO venceu Iván Castro do colexio A Xunqueira coa obra “Manuel de Fene”. Na categoría de bacharelato e de ciclos gañou Pablo Albariño de primeiro de bacharelato do Institudo de Fene coa obra “Manoliño de Cornide”. Quedaron finalistas o rapaz Fernando Martínez Fernández de quinto de primaria do Centro Os Casais de Maniños co relato “o alemán de Limodre”. Andrea Rey Martínez de sexto de Primaria dos Casais tamén quedou finalista co relato “Merlo de Perlío”. Alejandro Rico Rodríguez de primeiro de ESO do Colexio A Xunqueira de San Valentín co seu relato “Eusebio de Sillobre” mentres que Noelia Freire de primeiro de ESO do Instituto de Barallobre co seu texto titulado “unha siria en Fene”. Tamén quedaron finalistas os rapaces de cuarto de ESO Esther Rodríguez Soto do Colexio A Xunqueira de San Valentín co relato “Luisiño de Maniños” e Ana Montes do Instituto de Fene co texto “O segredo de Fene”. Por último tamén foi homenaxeada a rapaza Carla González Galego que estuda bacharelato no Instituto de Barallobre pola súa obra “Hermitas, do Rego da Moa”.
.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario