Os nacionalistas suxerirán ao equipo de Puentes que dedique os últimos días do goberno a pagar aos provedores
O derradeiro pleno deste mandato celébrase en Fene este xoves. Lonxe de consideralo un mero trámite, os nacionalistas manterán o nivel de control e de esixencia ao goberno de Puentes.
Por unha banda, o portavoz nacionalista fará unhas preguntas e rogos relativos á área económica. Unha área que viveu unha falta de dirección nestes catro anos e que contou con tres responsábeis diferentes polas dimisións de dous concelleiros nas filas socialistas. Como resultado deste descontrol, o ano 2009 quedou sen orzamento, e os demais foron aprobados xa ben entrado o verán (2008 e 2010).
Na práctica, esta falta de xestión económica deixou máis de 600.000€ sen pagar a provedores. Nestas facturas hai pagos pendentes de 2009 e 2010, que están afectando dun xeito moi negativo a moitas empresas. Logo da denuncia pública da empresa Hortival, concretamente por suministro de plantas, preguntaremos onde foron plantados os xeranios e as demais especies aos que fai referencia a empresa, e rogaremos ao executivo socialista que dedique os seus últimos días no goberno a saldar todas estas débedas.
Para o candidato nacionalista, Juventino Trigo, “será unha prioridade do próximo goberno do BNG que os pagos a provedores se fagan en tempo e forma”.
.
No hay comentarios:
Publicar un comentario