lunes, 16 de mayo de 2011

Limodre celebrará o Día das Letras Galegas


A parroquia de Limodre celebrará o Día das Letras Galegas o venres 27 de maio. O acto, organizado pola Asociación de Veciños de Santa Eulalia de Limodre, en colaboración co Concello de Fene e Radiofusión comezará ás 20:00 horas.

A celebración consta de dúas partes:
  • Na primeira, a xornalista de Radio Fene María Xesús Arias, presentará a vida e obra de Lois Pereiro. A continuación recitarán poesías Josefina Pena e a nena Andrea Pérez Ben. Non faltará a música co dúo de violonchelo formado por Eva Fernández e Andrea Trillo.

A segunda parte contará coa actuación especial das pandereteiras e Cantareiras Gradaille do Real Coro Toxos e Froles. Ao remate haberá pinchos para togos os asistentes.

.

No hay comentarios:

Publicar un comentario