martes, 10 de mayo de 2011

Letras Galegas 2011, na A.C.R.D. «O`Pote»


A Asociación Cultural Recreativa Deportiva «O`Pote» celebra unhas xornadas sobre o Día das Letras Galegas que este ano esta dedicado ao poeta monfortino Lois Pereiro. As conmemoraciós comenzarán o martes día 17 de maio e finalizarán o sábado día 21.

-Martes, 17:
  • Ás 18:30 horas. Abrirase a exposición das escolas da Sociedade.
  • Ás 21:00 horas Actuación das Corais Polifónicas de:
  • Póntecesures (Pontevedra)
  • A Pombiña de Pedroso (Narón)
  • O`Pote de Maniños

-Mércores, 18:
  • Ás 20:30 horas. Conferencia a cargo de Iria Taibo, Vicepresidenta da Mesa Pola Normalización Lingüstica e da Plataforma Queremos Galego.
-Xoves, 19:
  • Ás 21:00 horas. Representación teatral a cargo do grupo de teatro «TERUCA BOUZA» DA S.A.P.G. do Seixo (Mugardos), dirixida por Carlos Basoa que porá en escea a obra “Ladrón Morto Cando Intentaba Fuxir”.
-Venres, 20
  • A partir das 17:30 horas. Festa para nenos/as, cun Grupo de Animación. A continuación habera una merenda para todos os nenos/as asistentes.
-Sábado, 21:
As 22:00 horas Cea-Baile da Flor, arrufada polo grupo Fusión, con premio á mellor flor.

.

No hay comentarios:

Publicar un comentario