sábado, 28 de mayo de 2011

Juventino Trigo reafirma o seu compromiso para toda a lexislatura‏

O BNG de Fene celebrou este venres unha Asemblea local na que participaron máis de 100 persoas

O cabeza de lista do BNG de Fene, Juventino Trigo, reafirmou o seu compromiso coa sociedade de Fene para traballar ao longo de toda a lexislatura que se iniciará coa sesión constitutiva da corporación o vindeiro sábado 11 de xuño. Trigo realizou esas manifestacións no transcurso dunha asemblea local multitudinaria de militantes e simpatizantes do BNG celebrada o venres na Casa da Cultura de Fene.

Os máis de 100 asistentes analisaron polo miúdo os resultados das eleccións municipais, salientando que esta formación non pode estar satisfeita cos resultados, xa que non se cumpriron os obxectivos iniciais de ser a candidatura máis votada. Porén, das eleccións saiu un virtual empate técnico entre 3 candidaturas, e o BNG medrou en porcentaxe, levando pola contra un serio correctivo a candidatura do PSOE coa perda de máis de 800 votos e 8 puntos.

O Bloque manterá estes días rondas de contactos con todas as formacións políticas, para estudar todas as fórmulas posíbeis de gobernabilidade. O BNG quere salientar a elevada asistencia e participación na asemblea aberta á sociedade, que quere xa significar un primeiro paso de traballo conxunto coa cidadanía con novas fórmulas que impliquen unha maior calidade da democracia.
.

7 comentarios:

  1. Juventino non di nada nin manda nada, e un venidero a esto da politica, e dira o que lle manden os xefes do BNG dende Santiago.

    ResponderEliminar
  2. empate técnico? que pasan non saben de matemáticas, ja,ja

    ResponderEliminar
  3. Deixemonos de monsergas e recapitulemos señores
    quen goberna nas súas casas e nas de todos nós
    As súas Nais, Dona, Hirmas, Noivas en definitiva as mulleres
    Pois se na casa son capaces de gobernar e facer obras de gran enbergadura coma chegar a fin de mes coas nominas recortadas as pensions sen subir, os impostos polas nuves etc.
    Quen cren que debería ser o proximo alcalde/sa do concello
    Sexan vostedes coherentes co seu pensamento e voten á candidata de EU é muller e sobradamente preparada.

    ResponderEliminar
  4. ou que dimitan todos os homes de todalas candidaturas ata que queden só mulleres formando a corporación municipal non te parece compañeir@?me parto

    ResponderEliminar
  5. Votante de esquerdas

    Como votante de esquerdas e sen entrar en siglas políticas
    creo que deixar que en Fene goberne o PP seria xogar coa
    desaparición dalgunha forza política da mencionada
    esquerda, pois despois de observar a composición política dos
    concellos limítrofes así como a Deputación,Xunta e previsiblemente
    Goberno da Nación todos eles en mans do PP.
    Sindo teno a ovo, non necesita realizar ningún esforzo nin económico nin político
    vanllo a dar todo feito desde a Deputación e Xunta. Co cal
    próximas eleccións quen gañaría.

    Admítense Apostas

    ResponderEliminar
  6. Se dimiten todos os homes das listas que deberían
    a malloria deles porque xa estiveron a gobernar
    e polo ben que o fixeron queren repetir é de coña
    e quen Goberna son as mulleres entón
    que BNG e PSOE voten como alcaldesa a Mari Carmen
    pois é a cabeza de lista de EU e en dita lista ían mais
    mulleres nos primeiros lugares.

    ResponderEliminar
  7. Non sei que é mellor idea a de que dimitan todos os homes, a de que reditar o pacto ou a de facer alcaldesa a cuarta formación política de Fene. Sinceramente non sei cal delas fará que o pobo de Fene estea máis contento. Éu como votante estou chegando a conclusión de que non sei porque fumos votar o domingo 22.

    ResponderEliminar