miércoles, 13 de abril de 2011
Seis alumnos da Facultade de Humanidades realizan prácticas no Arquivo Municipal
Dende o pasado 6 de abril, seis alumnos de cuarto curso da Facultade de Humanidades realizan prácticas no Arquivo Municipal de Fene. Estas prácticas enmarcanse no convenio de colaboración entre a Universidade de A Coruña e o Concello de Fene e corresponden a tarefas de organización e descrición documental dos fondos do arquivo. Os alumnos realizan as prácticas na sala do depósito os mércores en horario de 10 a 14 horas.
Esta colaboración entre a Universidade e o Concello de Fene comezou a finais do ano 2010 co traballo práctico de fin de carreira realizado por unha alumna desta Facultade.
.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario