martes, 19 de abril de 2011

A policia local cambia o seu vestiario

A policia local de Fene cambiará o seu vestiario o vindeiro xoves, segundo informa a Concellería de Seguridade. A uniformidade dos axentes será a estipulada pola Orde do 22 de xullo do ano pasado na que se establece a descrición e as características das distintas pezas do uniforme dos policias. O polo de manga curta ten o negro como cor básico en combinación co azul e a utilización das palabras “policia local” e o escudo de Galicia. O pantalón irá por fóra das botas. Esta nova vestimenta busca unha homoxenización dos distintos corpos policiais municipais de Galicia seguindo as directrices marcadas pola Lei de Coordenación de Policias Locais de Galicia 4/2007 do 20 de abril.

12 funcionarios de policia e un oficial-xefe conforman o corpo da policia local de Fene. O departamento ten 3 vehículos equipados para o servizo competencia deste corpo policial. Os vehículos tamén teñen que ser actualizados, seguindo esta Orde do 22 de xullo.

.

No hay comentarios:

Publicar un comentario