domingo, 17 de abril de 2011

PLANTACIÓN POPULAR DE ACIBROS EN MARRAXÓN SILLOBRE












Unha treintena de persoas, entre pequen@s e maiores, deronse cita nos montes comunais de Marraxón, convocados pola Comunidade de Montes, para a plantación de acivros nunha superficie de un ferrado.

Durante un par de horas, e baixo un sol de xustiza, foron plantados 60 piñeiros nunha zona, e 60 acibros noutra, unha decena de acivros foros aportados polos participantes, entre os doadores se atopaba o concelleiro do BNG, Manuel Polo, que cun pico na man, e o peito ao aire, sudou a gota gorda na plantación de varios exemplares.

A xornada de convivencia ni monte transcurreu con normalidade, aproveitando os intres de descanso para disfrutar das marabillosas vistas das rias dende ese fermoso mirador natural que é o monte Marraxón.

Ao rematar, e logo de un duro pero fermoso traballo, nen@s e non tan nenos, tomaron uns pequenos pinchitos e uns refrescos, quedando os participantes dispostos xa para botar unha man na seguinte plantación que se programe.

Sin dúbida, con est@s esforzados voluntari@s, as vindeiras plantacións iran vento en popa.

Tomás Corral Vilar, Presinte da Comunidade de Montes de Marraxón.

.

No hay comentarios:

Publicar un comentario