sábado, 16 de abril de 2011
PLANTACIÓN POPULAR DE ACIBROS EN MARRAXÓN SILLOBRE
A Comunidade de Montes de Marraxón, Sillobre, organiza o domingo 17 de abril, ás 16.30 un acto de convivencia no monte comunal de Marraxón cunha plantación popular de acibros
Asemade, reforestarase con piñeiros, tamén de xeito popular, un anaco de monte que queda por repoboar.
O acto é aberto, libre e gratuito para todas as persoas, e de todas as idades.
Haberá que ir equipado coa vestimenta e ferramenta adecuada para a ocasión, e decir, non levar o traxe dos domingos, e levar algunha pa ou un sacho para facer os furados.
Quén queira traer os seus propios acibros para plantalos, pode e debe facelo.
VIVE A NATUREZA, VIVE O COMUNAL, VIVE MARRAXÓN.
Organiza:
Comunidade de Montes de Marraxón. montesdemarraxon@gmail.com
Colabouran:
A.VV. de Sillobre,Anpa, A.VV Santo Samarco, S.C.R.D Agarimo,Adega e Concello de Fene
.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario