O acto consistirá nunha prantación de árbores na entrada do barrio de San Valentín
O vindeiro 14 de abril cúmprense dous anos do falecemento da profesora universitaria María Gloria Martínez Vidal. Por este motivo, o Concello de Fene prepara unha homenaxe coa que se pretende salientar a traxectoria profesional e persoal desta veciña de San Valentín.
O acto, organizado polas Concellerías de Cultura e Medio Ambiente, celebrarase o venres, 15 de abril, ás doce do mediodía, no anfiteatro de San Valentín, fronte ao acceso principal ao pavillón da Xunqueira. Contará coas testemuñas de familiares e amigos da homenaxeada ademais de membros do Goberno Municipal. Tamén está prevista unha prantación de árbores nos accesos ao barrio (pola Avenida de As Pías) e a colocación dunha praca conmemorativa.
La siguiente página enlaza a este archivo:
.
No hay comentarios:
Publicar un comentario