miércoles, 6 de abril de 2011

O Concello de Fene debe máis dun millón de euros a empresas e entidades

O goberno socialista só poderá aprobar facturas por 473.000, deixando a deber parte das do ano 2009 e todo o 2010, que ascenden a máis de 600.000€

O Concello de Fene conta con facturas pendentes de pago dende o ano 2008 que ascenden a 1.099.000 €, a meirande parte delas adebedadas a pequenos provedores do municipio. Para o BNG, segundo declarou o candidato á alcaldía, Juventino Trigo, “é intolerábel a total improvisación na xestión económica do Concello, que trae consigo serios problemas para a pequena e mediana empresa nestes tempos de crise”.

O informe da intervención municipal indica que o actual goberno factura obras e servizos sen contrato e sen control algún, e que cada concellaría encarga traballos sen saber se dispón de diñeiro para pagalos, sen pedir orzamentos e sen xestionar o seu pagamento. Para Juventino Trigo “non se pode entender que haxa tantas empresas pendentes de cobrar dende 2008 e que, por riba, nin se expliquen os contidos dos gastos”.
Ademais desta situación anormal, o Concello segue sen orzamento municipal para 2011, o que complica máis o pagamento de gastos comprometidos. A herdanza para a vindeira corporación será de 600.000 € en facturas pendentes de pago e de 3.000.000 € en créditos, o orzamento prorrogado e uns ingresos inferiores aos de 2007. Para o candidato nacionalista supón “un punto de partida complicado pero que ten solución cunha xestión adecuada e co traballo dun equipo competente coma o do BNG de Fene”.

Como dato obxectivo e comprobábel temos que no ano 2007 pechouse o exercicio cunha cantidade de 25.000 € pendentes de pago para 2008. Desde ese ano, o goberno de Puentes só foi capaz de aprobar os orzamentos de 2008 e 2010, ambos no verán con 8 meses de retraso sobre as datas legais, obstruíndo na práctica todo tipo de pagamentos por falla de tempo.

.

4 comentarios:

  1. Hay que recordarlle ao representante do BNG que tamen ten sua parte de responsabilidade nesta debeda do concello nos anos que formaron parte do bipartito

    ResponderEliminar
  2. BNG bla bla bla llorones !!!

    ResponderEliminar
  3. nos quiere representar un partido bng k non sabe o k di, os candidatos k leva son ¡unha banda d necios!

    ResponderEliminar
  4. Parece que o PP tenlle moito medo ao BNG. Bandade necios os candidat@s do BNG? Máis ben a necia é quen escribe eses comentarios. Política Barataaaa.

    ResponderEliminar